Os actos do centenario de Curros trasládanse á Casa de Galicia de Madrid
As actividades conmemorativas do Centenario de Manuel Curros Enríquez trasládanse a Madrid, co fin de referenciar tamén a íntima relación que mantivo o poeta con aquela cidade, a onde se foi a vivir con tan só 15 anos, onde se formou como xornalista en onde deixou vivindo á súa familia cando decidiu dar o salto á Habana.
Os actos organizados pola Fundación Curros Enríquez terán lugar na Casa de Galicia, que dirixe o ourensán Alfonso Sobrado Palomares, e constarán de dúas xornadas onde se conxugarán a palabra e a música, dous aspectos tan ligados á figura do poeta homenaxeado.
O primeiro dos actos terá lugar o martes 10 de xuño a partir das 20,00 horas en el, ademais do propio Sobrado Palomares e do alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, intervirán o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, quen abordará algúns aspectos específicos da biografía do escritor e xornalista relacionados fundamentalmente coa súa etapa madrileña, mentres que o actor e director de teatro, Manuel Lourenzo, porá en escena un recital poético titulado “Quen pudera convosco voar”, no transcurso do cal realizarán un percorrido pola obra poética do autor de “Aires da miña terra”, acompañado do tamén actor Santiago Fernández, así como da cantante Anahí Varela e o músico Brandam.
Na xornada do mércores o protagonismo pasará a mans da cantante María do Ceo que estrenará públicamente por primeira vez as cancións que conforman o disco “No bico un cantar” que sairá á rúa nas próximas semanas e que foi promovido pola Fundación Curros Enríquez no marco do Centenario, no cal María do Ceo pon no seu bico os cantares do propio Curros Enríquez, ademais de Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices e Xosé Luis Méndez Ferrín, xunto con outros dous letristas actuais das Terras de Celanova como son Serafín Marqués e Armando González.
Nesta xornada do mércores estaba previsto que asistira o recentemente galardoado co Premio Nacional de Galicia de Literatura e patrón da Fundación Curros Enríquez, Xosé Luis Méndez Ferrín, pero problemas de tipo persoal non lle permitirán estar na Casa de Galicia como estaba programado.

Gabinete de Comunicación do Concello de Celanova