O Museo de Lugo acolle ata o 18 de xullo unha mostra de Paula Salinas
A artista lucense Paula Salinas presenta no museo provincial de Lugo un colección de obras nas que o mar é o principal protagonista. Tras varios anos afastada da cidade que a viu nacer, Paula Salinas atopa en Lugo unha ocasión única para dar a coñecer a súa obra, neste 75 aniversario do Museo. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, inaugurou esta mostra na que, unha vez máis, se abren as portas do Museo a unha artista lucense. Antón Bao salientou a importancia de que o museo de Lugo sirva para que artistas que levan tempo afastados, fisicamente, de Galiza atopen un lugar no que a súa obra se poña en valor ante, o que de facto é, o seu público natural.
O MAR E OS HORIZONTES COMO FIO CONDUTOR
Nos últimos anos fóra desta terra, Paula Salinas atopou un nexo de unión con Galiza: o mar. Paula Salinas sempre mantivo a súa fascinación polo mar e polo xeito de reflectirse a través da historia da arte, en toda a súa amplitude. O mar como símbolo interior, primeiro reflectindo horizontes afastados e infinitos. Na primeira etapa da pintora lucense o mar, simplemente se deixaba intuír en cadros que se traducían en campos de cor, esbozando arquitecturas afastadas, cidades imaxinarias. Nesta mostra o horizonte case desaparece, xunto cos trazos figurativos que puidera haber neles, mostrándoo confuso en ocasións e contrarrestándoo con liñas limpas que mostrasen un mar recoñecible ante os nosos ollos, que desen calma e quietude ao resto da exposición.
En algunhas das obras albiscase unha completa abstracción da artista na que se rompe esa liña que nos une co real para intentar buscar respostas a todo aquilo que se escapa ao coñecemento. Ao traballar con elementos simbólicos, xorden obras que, aínda que aparentemente inconexas intentan reflectir diferentes estados de ánimo, diferentes actitudes ante a vida. A soidade, a calma, a axitación, a morneza, a confusión..., a insignificancia do ser humano ante a inmensidade do mar.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo