Teima gaña o I Premio Solidario de Ferrol
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/teima.jpg)
Nesta liña, o alcalde explicaba que o Premio Solidario Cidade de Ferrol nace con vocación de continuidade no tempo, así como que o seu obxectivo principal é premiar os esforzos de iniciativas e proxectos desenvolvidos no marco da solidariedade, a cooperación e o voluntariado. En definitiva, “mostrar publicamente o recoñecemento da sociedade a ese exército de voluntarios, repartidos en asociacións e ONG´s que, día a día, nos dan unha lección de solidariedade e entrega aos demáis”.
Nesta primeira edición, a edil de Solidariedade, Beatriz Sestayo, destacou a calidade dos programas presentados, que foi enumerando un a un. Así, explicou que a Asociación SocioCultural de Minusválidos presentara un proxecto para promocionar a cultura entre este colectivo e, máis concretamente, para a posta en marcha dun taller de teatro. O Santo Hospital de Caridade achegou un programa para mellorar os servizos e condicións do refuxio para sin teito que hoxendía mantén aberto. O Centro Carmen Polo, un plan de mellora medioambiental no que implicaría aos alumnos e acondicionaría o entorno das instalacións. Afal Ferrolterra, un plan de mellora da atención aos enfermos de alzheimer. Solidariedade Internacional, un proxecto de cooperación en Bolivia. E Dios y Pan, un proxecto para facilitar o acceso de persoas sen recursos a alimentos.
O xurado do premio estivo presidido polo alcalde e composto por un representante de cada grupo político con representación no Concello: Beatriz Sestayo (PSOE), Javier Galán (IU), Rosa Martínez (PP), Juan Fernández (IF) e Elia Rico (BNG), así como dunha técnica do departamento municipal de Solidariedade, que actuou como secretaria, e de tres representantes do movemento asociativo -elixidos democraticamente entre as propias asociacións-. Foron estes últimos a asociación de veciños Fontelonga, Cogami e Gestión Social.
Respecto ao proxecto que financiará o Concello a través do Premio Solidario Cidade de Ferrol, Beatriz Sestayo explicou que pretende a integración das persoas adultas na sociedade a través do traballo, para o que se desenvolverán políticas preventivas e activas. Teima -que presentou xunto a este outro proxecto máis- parte da base de que as persoas con Síndrome de Down non se poden quedar ao marxe do mercado laboral e de que, do mesmo xeito que se considera a integración na escola ordinaria como unha medida máis eficaz e adecuada, tamén se considera a integración en empresas ordinarias como a vía máis eficaz para a consecución da normalización na vida cotiá das persoas adultas con Síndrome de Down.
Máis polo miúdo, os destinatarios do proxecto serán maiores de 16 anos e residentes en Ferrol e comarca, que desexen traballar en contornos laborais ordinarios. ¿As actividades planificadas? Nunha primeira fase de diagnose e avaliación estableceránse entrevistas para determinar as capacidades e o perfíl profesional do beneficiario. Nunha segunda fase realizaráse un estudo de mercado para implantar o programa de Emprego con Apoio (que dá nome ao proxecto). Este supón establecer colaboracións con empresas ordinarias e facilitar a incorporación dos usuarios. Ben coa contratación dende o primeiro día. Ben tras un periodo de formación previo. En ámbolos dous casos, se acompañará dun preparador laboral que lle facilitará ao traballador a súa adaptación ao posto para, máis adiante, irlle retirando os apoios programados. E, de seguido, entrar na fase de seguemento e valoración global do proceso. Paralelamente a esta, os usuarios e, tras rematar o seu horario laboral, deberán complementar a xornada laboral con diversos itinerarios formativos.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol