Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Arranca o programa Cultura Aberta coa actuación del grupo A Quenlla

Os xardíns da Deputación acolleron ao numeroso público que disfrutou, por primeira vez, dun concerto de música galega neste espazo privilexiado. O mítico grupo A Quenlla e os músicos do grupo do Incio, Xarín, entusiasmaron aos centos de persoas que presenciaron as súas actuacións durante máis de dúas horas. A este primeiro concerto do programa Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación asistiron o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao e o responsable da Área de Cultura, o tamén nacionalista, Antonio Veiga.

Segundo o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, as actividades de Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación prolongarase durante todos xoves do mes de xullo e máis o primeiro xoves de agosto. Tódalas actuacións son ás 20:30 horas e participarán cinco grupos musicais e, ademais dunha proxección cinematográfica, haberá espectáculos de maxia, teatro e circo.

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA HOSTELERÍA

A programación de actuacións en Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación tenta cubrir o baleiro de programación cultural que se da na cidade durante o verán. A través da colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalería da Provincia farase chegar a información a tódolos establecementos hostaleiros para que tódolos visitantes que se acheguen a Lugo nesas datas poidan disfrutar destas actividades. En todos os soportes publicitarios que se acheguen aos establecementos estará presente o slogan da asociación E para comer ..., Lugo.

UNHA APERTURA EFECTIVA DO PAZO DE SAN MARCOS E DOS SEUS XARDÍNS

As actividades de Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación supoñen unha apertura, ao público, definitiva dos espazos que durante anos estiveron vetados ao uso e disfrute dos lugueses e luguesas. Abrir estes espazos foi un dos obxectivos do goberno bipartito dende a súa chegada á Deputación e o xoves abrironse a través de unha actividade cultural que é, sen dúbida, o vehículo idóneo para materializar esta apertura. A apertura do Pazo de San Marcos, o público, xa se fixo realidade no mes de maio coa celebración da Festa das Letras que a área de cultura organizou co gallo do Día das Letras Galegas, a saída da segunda etapa da I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo que estivo patrocinada pola Área de Deportes, e con actividades realizadas por colectivos, asociacións e entidades nas dependencias do Pazo de San Marcos como conferencias, cursos, simposios, campionatos de xadrez, exposicións, etc ....
Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo)