Inaugurado o I Curso de Verán de Antropoloxía
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/dipu_lugo_curso_antropologi.jpg)
O vicepresidente, Antón Bao, sinalou a necesidade da celebración deste tipo de cursos para que as persoas que teñen como responsabilidade ensinar, restaurar e conservar o noso patrimonio, coñezan en profundidade as súas características e peculiaridades “neste curso conflúen, claramente, dous dos obxectivos marcados polas áreas da Deputación, nas cales ten responsabilidades de goberno a forza política á que represento, que son a posta en valor e conservación do noso patrimonio histórico-artístico e a promoción turística. É moi importante desenvolver accións formativas dirixidas ás persoas que son e serán as encargadas de conservar e promocionar o valioso patrimonio histórico-artísitico galego”.
Antón Bao salientou que a cultura dun pobo se estuda e se analiza, entre outros, a través da antropoloxía, afondando na nosa identidade colectiva, na nosa identidade como pobo e como nación. Antón Bao referiuse, tamén, á importancia de transmitir a propios e visitantes a riqueza do noso patrimonio histórico-artísitico “Tan importante é a tarefa dos que, co voso traballo, recuperaredes e conservaredes pezas arquitectónicas como a laboura dos que transmitides á sociedade as singularidades e valores da nosa riqueza artística”.
13 CHARLAS E VISITAS GUIADAS Á REDE MUSEÍSTICA
Os asistentes a este curso ampliarán os seus coñecementos sobre a antropoloxía con trece charlas que se repartirán en xornadas de mañá e tarde entre o luns, día 7 e o venres, día 11. Ao longo destes días os participantes no curso poderán visitar os diferentes museos da rede museística provincial.
Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo)