Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O dinosaurio carbónico estivo en Galiza concienciando a máis de 750 persoas

O xoves 17 de Xuño estivo en Santiago de Compostela o Dinosauro Carbónico, un inflable de 10 m de altura representando ás industrias, empresas e políticos que xa deberían estar extintos pola súa dependencia e uso de enerxías fósiles (petróleo, carbón e gas natural).
As actividades que se desenvolveron en Santiago foron as seguintes:
a.. INFORMACIÓN E RECOLLIDA DE SINATURAS. Máis de 750 persoas achegáronse aos postos de información e recollida de sinaturas para apoiar as 10 demandas para unha política sostible sobre o clima que serán entregadas ao novo/a comisario/a de enerxía.
a.. CONTRA-PREMIO DINOSAURO CARBÓNICO DE GALIZA 2004 ENTREGADO POR MANOLO MASEDA (OS DIPLOMÁTICOS). Este premio se outorga a políticos, directivos ou empresas que polas súas decisións ou accións contribúen ao problema do cambio climático. A xira xa comezou por Europa e foron varios os Dinosauros entregados. En Bruxelas o premio recaeu na Vicepresidenta da Comisión Europea e Comisaria de Transportes e Enerxía, Loyola de Palacio; en Copenhagen foi recollido polo Director do Programa de Nacións Unidas de Medio Ambiente, Klaus Toepfer, en Oslo o galardón foi entregado en persoa ao Presidente do Parlamento Rexional, Tore Sandvik e en Londres o premio recaeu no Director Xeral da Confederación de Industria en Gran Bretaña.
En Galiza os finalistas foron tres: a Central Térmica de As Pontes, empresa ENDESA; Central Térmica de Sabón e a Central Térmica de Meirama, ambas da empresa UNIÓN FENOSA. Finalmente Manolo Maseda fixo a entrega do
premio á Central Térmica de As Pontes (ENDESA), que por medio dunha queimada simbólica purificante fixo que os aires desta central foran a menos por medio do conxuro anticontaminación. A falta de resposta por parte da empresa ENDESA á invitación feita desde Amigos da Terra, fixo que Suso Quintela (voluntario de Amigos da Terra) recollera o galardón facéndose pasar por un alto cargo directivo da empresa.
Amigos da Terra