Celanova acolle o próximo sábado a única gala audiovisual de TVE que o Xacobeo realizará na provincia de Ourense
A Praza Maior de Celanova estase transformando durante esta semana nun amplísimo escenario que dará acollida o próximo sábado a un concerto que baixo o título Camiño delas ofrecerá o grupo vigués Ávalon, xunto con outros cinco grupos que actuarán de acompañantes e que será gravado por un equipo de producción de Televisión Española para ser emitido próximamente para todo o país pola 2, dentro do convenio asinado este ano entre a Compañía estatal de televisión e a Xunta de Galicia para a promoción dos actos do Xacobeo 2004.
Esta retransmisión, que se presentaba baixo o epígrafe, Gala audiovisual de La 2, é a única que gravará Televisión española na provincia de Ourense, de entre as nove gravacións totais previstas para este verán por TVE. Preto de 90 técnicos dos Programas Especiais de Televisión Española, unha das unidades móbiles máis modernas coas que conta TVE e que participou recentemente na retransmisión da voda do Príncipe de Asturias e un escenario de 32 toneladas, así como un parque móbil formado por 14 camións, é o equipamento que TVE desprazou esta semana a Celanova para poder levar a cabo nas debidas condicións a gravación do devandito concerto. Ademais da retransmisión do concerto, un equipo de redacción de TVE realizará un documental previo sobre Celanova que servirá de carta de presentación da retransmisión para todo o país. Os grupos participantes no concerto son:
AVALON (Galicia). Grupo Folk formado por cinco mozas viguesas que afondan nos novos ritmos, baixo o marco dun estilo propio que potencia a súa frescura e a súa espontaneidade, e as sitúa como unha das máis firmes promesas do panorama musical español.
AÏSHA (Cataluña). Cada un dos seus tres compoñentes representan tres modos diferentes de concebir a música fóra de calquera etiqueta que se lles queira colgar. Un estilo único, indefinible, unha identidade propia que logra aunar culturas e conceptos musicais totalmente diferentes, coma se estivesen predestinados a fusionarse.
O FIADEIRO (Galicia). O Fiadeiro nace no ano 1991 na cidade de Vigo, co propósito de compilar, conservar e transmitir o legado cultural dun tempo en que se viviron os «seráns» e as «foliadas», en que había grandes bailadores de solto e de agarrado... o que permanece agora na memoria dos máis vellos. Consta dunha sección de baile e outra de acompañamento, que por súa vez inclúe un conxunto de pandeireteiras, outro de pandeireteiros e unha charanga.
OS CEMPÉS (Galicia). Din que con eles chegou a festa, unha festa que manteén vivo o espíritu da “jarana” sen renunciar por elo a rendir pleitesía á sensibilidade. A mellor mostra é o seu potente directo, que recollen no seu cuarto disco Moe a Moa.
DJ Lady B (Galicia). Esta xove DJ galega comezou a súa andaina profesional da man do coñecido DJ tamén galego, Nacho Garrido, residente dos clubes Vademecwm y Spectra de Vigo. Actualmente actúa a cotío na sala Vip Space e Spectra tamén en Vigo e forma parte do grupo de DJs seleccionados no último tour Lucky Strike DJ Expresión. En tan só tres anos de meteórica carreira ten visitado as mellores salas e clubes españois e portugueses. O ano pasado, nunha reportaxe da revista Rolling Stone sobre os mellores DJs nacionais, Lady B foi requerida por este coñecido magazine internacional para ocupar as súas páxinas centrais, así como tamén pola revista Marie Claire, Dance World, Dj One, Dance Club(Portugal) y Enne(Portugal).
Cuarteto de Música de Corda Korda.

Concello de Celanova