Ferrol acolle o Campeonato de España de Triatlón

Vicente Irisarri manifestou a súa ledicia polo feito de que un evento de tales características se celebre en Ferrol e expresou o seu desexo de que isto sirva ademais como medio para a proxección desta localidade a través das actividades e do deporte. Pola súa parte, o edil Manuel Santiago lembrou que a cidade é tamén, nestes días, centro mundial do body e do surf cos campionatos que se están disputando nas praias de Doniños e Pantín, e que a próxima semana se convertirá na cidade da versatilidade deportiva, dado o carácter multidisciplinar do triatlón. Así mesmo, o concelleiro sinalou que Ferrol ofrece unhas magníficas condicións para a desputa das probas, ao contar coa ensenada de Caranza, onde se nadarán os 1.500 metros; un espléndido entorno rural con contraste entre montes e montañas, por onde transcorrerán os 40 kilómetros da proba de bicicleta; e un barrio histórico como é o da Magdalena, no cal se farán os 10 kilómetros da carreira a pé.
O diputado provincial e concelleiro de Facenda do Concello ferrolán, Ramón Veloso, dixo sentirse moi orgulloso de que esta proba poida celebrarse en Ferrol e falou dela como un exemplo para a xuventude, algo moi importante de cara a que esta creza cunha boa formación e tamén sá.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol