Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Porfirio Guzmán gaña o premio Raigame 2008 na categoría fotográfica

En Celanova, o 8 de setembro de 2008 constituíronse os xurados correspondentes, para analizar os traballos presentados ao concurso convocado pola organización da “VII Romaría etnográfica Raigame” celebrada en Vilanova dos Infantes o pasado 17 de Maio día das letras galegas, resolvendo cada un deles o seguinte:

Apartado de Fotografía

O xurado constituido por: Xosé Vázquez “Che”, José Paz e Jesús Regal.

Acordou conceder os premios da seguinte maneira:

Primeiro premio de 600 €: Ao traballo presentado baixo o pseudónimo “POTIÑOS 2” Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Porfirio Guzmán Mendoza.

Segundo premio de 300 €: Ao traballo presentado baixo o pseudónimo “JOLOPE08” Aberto o sobre, o traballo resultou ser do compostelán José López Pérez.

Terceiro premio de 150 €: Ao traballo presentado baixo o pseudónimo “MARAN” Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Jesus María Torrado Vidal, de Esteiro (Boiro).

O xurado acordou conceder accesits a: Evaristo Santamaría Inzua, de Noia; Breixo García Rego, de Ourense; Juan Andrés Hervella Vázquez, de Ourense; Milagros Fernández Silva, de Ourense; Eladio Aristóteles Vega Vázquez, de Ourense;Aníbal Cid Babarro, de Ourense; José Luis Diz Rodríguez, de O Carballiño; Juan Pérez Míguez, de Ourense; Albert Brull Gracia, de Boboras; Patricia Blanco Rodríguez, O Carballiño; Alfonso García Santos, de Santiago de Compostela; Silverio, de Ourense.

PREMIO DE INVESTIGACIÓN ETNOGRÁFICA

En Celanova, o 8 de setembro de 2008 constituíronse os xurados correspondentes, para analizar os traballos presentados ao concurso convocado pola organización da “VII Romaría etnográfica Raigame” celebrada en Vilanova dos Infantes o pasado 17 de Maio día das letras galegas, resolvendo cada un deles o seguinte:

Apartado de Investigación Etnográfica

O xurado constituido por: Xosé Antón Fidalgo Santamariña, José María Rodríguez Álvarez e Francisco Xabier Limia Gardón .

Acordou conceder os premios da seguinte maneira:

Primeiro premio de 600 €: Ao traballo presentado baixo o lema “XXX”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Clodio González Pérez e Xoan Ramón Marín Martínez.

Segundo premio de 300 €: Ao traballo presentado baixo o lema “Aserrín Aserrán”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Aníbal Cid Babarro, de Ourense.

Terceiro premio de 150 €: Deserto.
Departamento de Cultura do Concello de Celanova