A proxección fotográfica Ferrol, a cidade vivida marca o arranque da celebración dos 150 anos
Dar voz aos homes e mulleres que constitúen o pasado, o presente e o futuro da cidade. Eses dos que non falan os libros de texto, que están na rúa. É o obxectivo da proxección fotográfica Ferrol, a cidade vivida, punto de arranque da completa programación de actos coa que o Concello quere celebrar os 150 anos da consecución do título de cidade. O alcalde, Vicente Irisarri, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Yolanda Díaz, presentaban hoxe a mostra, cuxa inauguración terá lugar no Centro Cultural Torrente Ballester. Non será a súa única ubicación, xa que tamén saíra ás rúas de forma imprevista. A lugares aleatorios e imprevisibles da urbe.
Ferrol, a cidade vivida é un retrato do pasado, do presente e do futuro de Ferrol a través das facianas dos seus protagonistas: os cidadáns de a pé. Coñecidos ou anónimos. Un total de 72 imaxes firmadas por seis nomes. Recoñecidos fotógrafos de Ferrol. Carlos Carballeira, Jorge Meis, José Pardo, Kiko Delgado, Luis Botana e Ovidio Aldegunde. Artistas que tiveron, segundo Yolanda Díaz, toda a liberdade creativa posible de xeito que eles mesmos tamén axudasen a construir a cidade. Liberdade en canto aos protagonistas das imaxes, os emprazamentos e ás técnicas.
Alcalde e edil destacaron hoxe que esta é unha exposición diferente, viva e na que a participación popular é básica. Fará deste xeito que a celebración dos 150 anos da concesión do título de cidade sexa única.
E, nesta liña, Vicente Irisarri e Yolanda Díaz apuntaron que a proxección fotográfica ten unha segunda parte que será posible grazas á interacción dos espectadores, xa que as súas impresións, os seus sentimentos fronte á obra, se recollerán nunha publicación posterior, na que tamén se incluirán as frases que acompañan a cada unha das imaxes. Frases que respostan a unha única pregunta: que significa para ti Ferrol?
Sala única en Galicia
Deste xeito, alcalde e edil animaron aos cidadáns e ás cidadás a acudir mañá, a partires das oito e media do serán, ao Torrente Ballester e vivir Ferrol. Ao respecto, Yolanda Díaz apuntou que esta mostra permitirá inaugurar tamén a primeira sala de Galicia adicada en exclusiva á fotografía.
Neste senso, Vicente Irisarri confirmou a presenza da Reina Dona Sofía á inauguración, o próximo 15 de outubro, da exposición de fotografía histórica que o Concello programa en Exponav. Continúan así os actos para celebrar os 150 anos. Uns actos aos que se suma unha nova iniciativa: Ferrol somos todos e, como tal, todos construimos a cidade. As facianas daqueles ferroláns que o desexen configurarán unha gran fotografía da cidade. Ata aí desvelou o alcalde.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol