Arranca no MARCO de Vigo o programa audiovisual ArtFutura 2008
O 23 de outubro comeza no MARCO o programa audiovisual da XIX edición de ArtFutura, o Festival de cultura e creatividade de referencia en España, cun extenso programa que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional dos new media, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital. Neste ano 2008, a exposición ‘Máquinas e almas’, impulsada por ArtFutura e comisariada por Montxo Algora, presentouse no Museo Nacional Reina Sofía de Madrid. A mostra, que presta o seu título para esta edición, presenta pezas esenciais da arte dixital da última década e afonda no feito de que, a comezos do século XXI, arte e ciencia discorren por camiños paralelos.
O programa audiovisual de ArtFutura 2008, compartido por todas as cidades que forman parte de CircuitoFutura, inclúe máis de oito horas de imaxes de alto impacto coas últimas achegas do campo da cultura dixital, os videoxogos e os efectos especiais. Entre os especiais, o documental ‘Das Netz’ de Lutz Dammbeck, un especial sobre a escola francesa Supinfocom e unha retrospectiva de Satoshi Tamioka, recoñecido autor xaponés de animación dixital.
2008 Calendario e programas en MARCO
LUGAR: Salón de actos
HORARIOS:
• xoves e venres, de 20.00 a 21.30
• sábados, de 18.00 a 21.00
NOTA/ AVISO:
Como excepción, o venres 24 de outubro non haberá proxeccións, por coincidir coa xornada inaugural da exposición ‘Suso Fandiño’.
Como excepción, o domingo 16 de novembro haberá proxeccións, por coincidir coa Festa do 6º aniversario do MARCO.
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO
NOTA: o xoves 23 e o sábado 25 de outubro, o público terá ocasión de votar pola súa película favorita de entre todos os traballos que conforman os programas ArtFutura Show e 3D en España, respectivamente. Os traballos que consigan máis votos serán gañadores dos Premios ArtFutura 2008, convocados na edición de cada ano. Os resultados das votacións e nomes dos premiados publicaranse na web de ArtFutura www.artfutura.org.
2008 Información PROGRAMAS
PROGRAMA A
Duración total: 85’
ArtFutura Show 2008 (55’)
A edición de 2008 vólvenos traer a selección comisariada dos mellores traballos de 3D producidos nos últimos doce meses. Entre as pezas deste ano destacan ‘Our Wonderful Nature’ de Tomer Eshed (Premio Especial de Siggraph 2008) e ‘Wonderlust’ de Encyclopedia Pictura (o novo vídeo de Björk). Tamén están incluídos ‘L'homme à tête de pule’ de Supinfocom e ‘Rua das Tulipas’ de Alê Camargo.
Cada ano, ArtFutura Show ofrece dende as pezas máis espectaculares producidas polos grandes estudios, ata as pequenas marabillas creadas por artistas independentes repartidos por todo o mundo. Este ano destacan os traballos chegados de Francia e Brasil.
Rockband - Harmonix / Passion Pictures
Our Wonderful Nature - Tomer Eshed
Do Penguins Fly - Planktoon
L'Homme à tête de pule’ - Sylvain Jorget
Rua das Tulipas - Alê Camargo
Wonderlust - Bjork / UVPHACTORY
Jungle Jail - Nguyen Van Lan Bruce (ESMA)
Hugh - Nouveau Sylvain (ESMA)
Full Motion Theater 2008 (30’)
As intros son o espazo de cruzamento entre o mundo interactivo dos videoxogos e a narrativa cinematográfica. Estas secuencias non interactivas que forman parte das narracións dos títulos máis populares no mundo do ocio electrónico vólvense cada ano máis sofisticadas e innovadoras visualmente. Full Motion Theatre selecciona o máis interesante da produción audiovisual vinculada ao videoxogo.
A edición 2008 está marcada polos títulos para a nova xeración de consolas, e inclúe mostras de proxectos como ‘Resident Evil’, ‘Afro-Samurai’, ‘Little Big Planet’, ‘Prince of Persia’ e o hiper-realista ‘Heavy Rain’, entre outros.
Afro Samurai
Death Spank
God of War III
Heavy Rain
Hydrophobia
Little Big Planet
Mad World
Pro Evolution Soccer 2009
Resident Evil 5 Rise of the Argonauts
Street Fighter 4
Warhammer. Dawn of War
Wheelman
World of Warcraft Wrath of the Lich King
Mirror's Edge
Star Wars. The Force Unleashed
GTA4
Prince of Persia
PROGRAMA B
Duración total: 80’
3D en España 2008 (55’)
O premio 3D en España é a convocatoria máis relevante no noso país destinada a premiar os mellores traballos de animación 3D e efectos especiais producidos ao longo do último ano por compañías, estudantes e artistas independentes. O programa recolle os traballos finalistas que optan ao premio, decidido polos votos do público asistente. No programa deste ano destaca ‘La Dama en el Umbral’, unha obra de Jorge Dayas que foi recentemente premiada no Festival de Annecy (Premio Especial do Xurado). Tamén inclúe ‘Jaulito’ da Escola IDEP e ‘Grunt’ de MA-ISCA Baleares.
Last Night I Fell for Jenny - Tomás Bases
Revolt of the Mouses - David Gen
Grunt - Jordi Coll (MA-ISCA)
Calma Chicha - Rafael Martín
Cuatrobots - Freddy Córdoba
Alsbram - Javier Gámez
El Príncipe de las Basuras - Francisco Peinado
Impecable - Marcelino Álvarez
Jaulito - Carlos Contreras (IDEP)
The Monstrejo - Pep Lluis Lladó
La Dama en el Umbral - Jorge Dayas
Demos + Intros (25’)
ArtFutura presenta un ano máis un programa monográfico coas pezas recentes máis destacables producidas no ámbito da ‘Demoscene’. Imaxes, sons en sincronía e grandes doses de imaxinación e destreza técnica caracterizan os traballos desta subcultura da creación dixital netamente europea. A imaxe dixital en movemento entendida como cultura urbana.
As demos son programas de tamaño superior a 64 kB que inclúen efectos, gráficos e música. As intros son similares ás demos pero cunha importante limitación do espazo: entre 4 e 64 kB. Recentemente, os avances tecnolóxicos trouxéronnos ordenadores máis veloces, máis memoria, procesadores gráficos máis poderosos, e hardware con aceleración 3D. Perdendo moitos dos desafíos do pasado, o enfoque das demos xirou cara á realización de arte en tempo real ben deseñado e con estilo.
Wannabe - Maxon
E.T.A. - Junk
Halfsome - Cncd & Fairlight
Breakpoint - Cocoon
Lingerinshadows - Plastic
PROGRAMA C
Duración total: 95’
Máquinas e Almas (30’)
Programa documental sobre a exposición ‘Máquinas&Almas’ presentada no Museo Reina Sofía de Madrid e comisariada por Montxo Algora e José Luis de Vicente (do equipo ArtFutura). ‘Máquinas&Almas’ trata de afondar no feito de que, a comezos do século XXI, arte e ciencia discorren por camiños paralelos. E faino a través do traballo dun grupo de artistas escollidos pola súa capacidade de xuntar arte, tecnoloxía, misterio, emoción e beleza. O elemento crucial na nova descontinuidade tecnolóxica é a nosa humanidade. Sen ela, todo o demais carece de sentido. Os ordenadores non pensan, replican pensamentos. Os ordenadores non senten, replican as nosas emocións. Son, como os define Sherry Turkle, o espello psicolóxico onde nos contemplamos.
O programa inclúe obras de 17 destacados artistas do campo da arte dixital e os novos medios: Theo Jansen, Paul Friedlander, Sachiko Kodama, David Byrne, Vuk Cosic, Daniel Rozin, Evru, John Maeda e outros.
Retrospectiva Satoshi Tamioka (25’)
O singular realizador xaponés Satoshi Tomioka crea mundos imposibles, poboados por humanos e máquinas dunha era industrial chea de cor. O seu traballo defínese polo seu inimitable estilo, moi colorista e cómico, que esperta interese tanto en Xapón como en Europa. Tomioka dirixe en Toquio Kanaban Graphics e en Europa traballa con Nexus Productions, produtora independente de animación de películas, publicidade, series de TV, videoclips e títulos de crédito. Entre outros encargos, ten creado identificativos para ‘Tower Records’, MTV ou o programa de TV xaponés ‘Smap’, spots online para Kansai.com e o xogo de PSP ‘Exit’.
Retrospectiva Supinfocom (30’)
Supinfocom é un centro francés, con sede en Valenciennes e Arlès, especializado no ensino da animación por ordenador. O seu currículo complétase con outros aspectos cinematográficos como concepto, guión e deseño de produción. As curtas dos seus estudantes, premiadas en certames como Siggraph, Ars Electronica ou Annecy, avalan a excelencia educativa de Supinfocom, que este ano cumpre o seu 20 aniversario. Para celebralo, ArtFutura presenta unha selección dalgunhas das mellores e máis recentes curtametraxes creadas polos alumnos desta escola que se converteu nunha referencia internacional.
Tim Tom - Roman Segand y Christel Pougeoise
En Tus Brazos - Edouard Jouret e Matthieu Landour
Al Dente - Barthelemy, François e León Ortiz
Camera Obscura - Buchalski, Crechsler e Onillon
Worki’n’Progress - Garcia, Fligans, Vandeudaele e Flinois
PROGRAMA D
Duración total: 94’
‘Playing Columbine’ de Danny Leone (94’)
O 20 de abril de 1999, un suceso conmocionou os Estados Unidos. Varios alumnos do Instituto Columbine de Littleton, Colorado, faleceron a causa dun terrible tiroteo. Seis anos máis tarde, Danny Ledonne creaba un videoxogo para afeccionados que analizaba os movementos e posible móbil dos dous asasinos. Aquel xogo recibiu preto de medio millón de descargas, converténdose nun tema enormemente polémico ao formular cuestións sobre o que é aceptable e non na ‘ética do xogo’.
No documental ‘Playing Columbine: A True Story of Videogame Controversy’, faise un percorrido pola historia do xogo, dende os seus comezos ata o concurso Slamdance 2007 Guerrilla Gamemaker Competition, no que o xogo acabou sendo retirado da lista de finalistas. O documental conseguiu reunir persoas de diferentes ámbitos para analizar as cuestións en torno ao futuro dos videoxogos como unha forma de arte, e intentar explicarse como un xogo conseguiu tratar o fenómeno dende unha forma de expresión emerxente.
PROGRAMA E
Duración total: 1 hora 55’
‘The Net’ de Lutz Dammbeck (1 hora 55’)
‘Das Netz’ é unha película-documental que explora a historia de Ted Kaczynski –o infame Unabomber– desenvolvendo a historia de Internet dende os seus inicios. Sinala respostas á revolución cibernética: por un lado, facendo énfase nas promesas utópicas do traballo global en rede e da comunicación instantánea e, por outro, nos sistemas intrusivos de control tecnolóxico. O filme de Dammbeck expón o lado oculto dos avances revolucionarios, as coincidencias e conspiracións; reflicte para iso a arquitectura dos traballos en rede.

Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo