A Lei de Aeródromos de Galicia legaliza 59 instalacións
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou que a Lei de aeródromos de Galicia cubre un “baleiro” no funcionamento das 59 instalacións deste tipo abertas na Comunidade. O titular da Xunta explicou que, ata o de agora, só existía unha lei estatal e engadiu que a norma galega “establece a normativa propia, no ámbito da Comunidade, para as condicións de apertura, de operatividade e para regular as condicións de seguridade que afectan a estas instalacións”
“Non tíñamos regulación e polo tanto non tíñamos a garantía de que se cumprían todos os requisitos que establece a norma estatal. Esta norma apórtanos total seguridade no ámbito da Comunidade”, explicou Pérez Touriño, quen relatou que os 42 heliportos e os 17 aeroportos afectados por esta lei se dedican a traslados sanitarios, de emerxencias e protección civil, exención de lumes e voos deportivos, e que, a partir da aprobación da norma no Parlamento, entrarán a formar parte dun rexistro administrativo.
Un rexistro agrario que “fai visible o traballo das mulleres galegas”
O presidente da Xunta destacou tamén a aprobación por parte do Consello da Xunta do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, un instrumento ata o de agora inexistente que ven a paliar “o descontrol e a falta de regulación existente no sector”. Touriño explicou que este rexistro ten dous obxectivos de carácter social, “facilitar a aplicación das axudas e das subvencións e a súa tramitación, e fomentar a titularidade compartida destas explotacións”.
“En Galicia é moi habitual que esta titularidade sexa compartida, que na titularidade real estea a muller galega que traballa no campo e, por outra parte, existe o problema de transmisión desta explotación por parte dun descendente que se incorpora ao traballo”, explicou o titular da Xunta. “Con este rexistro paliase esta situación, foméntase a titularidade compartida e faise visible o traballo real da muller no sector agrogandeiro galego”, afirmou Touriño, quen explicou que este rexistro culmina un camiño que se iniciou co recoñecemento por parte da Seguridade Social desta titularidade compartida. O rexistro entrará en funcionamento o 1 de xaneiro de 2009 e servirá tamén para “informatizar e mellorar o tratamento da xestión da información”.
16 millóns de euros para as instalacións de investigación das universidades galegas
No transcurso da súa intervención a saída do Consello da Xunta, o presidente galego salientou, tamén, a aprobación dun investimento de 16,2 millóns de euros para impulsar o desenvolvemento das infraestruturas científico- tecnolóxicas de apoio a investigación das tres universidades galegas. Touriño explicou que, desta achega, a Unión Europea aporta 11.340.000 millóns de euros a través dos Fondos FEDER mentres que a Xunta achega 4.860.000 a través do Plan de financiamento do Sistema Universitario de Galicia.
Este convenio servirá para financiar a ampliación de infraestruturas xa existentes e a adquisición de novos equipamentos, e servirá para desenvolver, entre outras instalacións, o equipamento dos novos laboratorios de Radiofísica e Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago, os Laboratorios de Calidade e Seguridade Alimentaria de Ourense, e a ampliación dos Centros de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade da Coruña.
16 novos concellos na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
O presidente galego salientou a aprobación por parte do Consello da adhesión de 16 concellos á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, co que xa son 23 os municipios adheridos a esta entidade dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. “Outros 6 máis están ultimando a tramitación administrativa”, explicou Touriño, quen salientou que os concellos delegan, tras a sinatura destes acordos, as súas competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística para determinados tipos de solo.
“Trátase dun órgano consorciado, no que están os concellos e a Xunta e ao que os gobernos locais deciden adherirse de xeito voluntario”, destacou o máximo mandatario galego.
Fotografía: arquivo GD

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia