Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O operador galego Democom, a universidade de Saarbrücken-HTW e o Concello da Coruña desenvolven un proxecto internacional

O operador galego DEMOCOM, o Concello da Coruña e a Universidade alemá de Saarbrücken uníronse para desenvolver a versión 3.0 de DEMOCOM, o que permitirá ao operador lanzar a nivel mundial a solución que actualmente comercializa únicamente en Galicia.

O operador DEMOCOM, propietario dunha rede de radiocomunicacións dixitais que opera desde fai uns meses en Galicia, pretende extenderse a nivel mundial para o que se aliou coa universidade alemá de Saarbrücken co obxectivo de aunar coñecemento teórico e práctico da universidade e da empresa, respectivamente, para potenciar a efectividade da aplicación de tecnoloxías como DMR ou WiMAX e ser quen de desenvolver potentes solucións que permitan ó operador galego despregar a súa rede en calquera país do mundo que así o demande.

O operador DEMOCOM leva algo máis dun ano traballando coa novedosa tecnoloxía DMR, e a Universidade de Saarbücken é unha das máis avanzadas en investigacións con tecnoloxía WiMAX da Unión Europea.

A orixe deste acordo nace en febreiro de 2007 cando un equipo de enxeñeiros de ITC Grupo, holding ao que pertence DEMOCOM, visitaron a HTW para coñecer de primeira man os desenvolvementos tecnolóxicos sobre TETRA e WiMAX nos que alumnos e profesores estaban traballando. En xuño dese mesmo ano a Universidade de Saarbrücken devolveu a visita enviando a un grupo de 25 alumnos e 4 profesores a coñecer as instalacións de ITC Grupo así como os proxectos do operador galego co gallo de alcanzar un acordo de colaboración. Nesa visita, o Alcalde da Coruña recibiu á comitiva alemá no Pazo Municipal e interesouse polos acordos que ambas entidades estaban estudando pechar.

Finalmente, DEMOCOM e a Universidade de Saarbrücken asinaron unha alianza para tratar de unir sinerxias e garantir a transferencia de coñecementos tecnolóxicos, á que o Concello da Coruña comunicou o seu apoio por entender como altamente positivas para a cidade este tipo de iniciativas. Así, estase traballando para que o Concello colabore con DEMOCOM para poder realizar as probas definitivas de radiocomunicacións dixitais de voz, posicionamento, telemetría e control remoto. Unha vez superados todos os controis de calidade,

DEMOCOM entregaría os seus equipos aos corpos de seguridade e emerxencias (policía local, protección civil, bombeiros…) do Concello da Coruña para que operasen con eles coma proba definitiva antes de comezar a comercialización internacional, converténdose así a cidade herculina no espello mundial e primeiro usuario da nova versión.

José Antonio Ferreira, presidente de ITC, comentou na rolda de prensa celebrada hoxe para presentar este tema, o importante que é para o empresariado galego que desde ás institucións se valore e se aposte polo traballo que se fai nas empresas galegas en materia tecnolóxica.
Pola súa parte, Henrique Tello, o primeiro tenente de alcalde do Concello da Coruña, manifestou a seu apoio ó empresariado da Coruña, - compre apoiar unha investigación aplicada de alta calidade realizada por una empresa coruñesa que ademáis colabora permanentemente coas Universidades, e que representa un paso máis no camiño de perfilar un novo espazo económico e tecnolóxico – declarou. Neste sentido, anunciou que no próximo ano a Área de Promocón Económica potenciará as actuacións neste ámbito mediante novos incentivos para potenciar a investigación e a creación de proxectos empresariais.

Ademáis do proxecto para o desenvolvemento da versión 3.0, ITC Grupo e a Universidade de Saarbrucken teñen outros proxectos en común. Así, desde o pasado mes de outubro, Haiko Wick, titulado en Bachelor of Science in Computer Science and Communication Systems e Frank Hamm, titulado en Graduate Engineer in Electrical Engineering, ambos pola Universidade de Saarbrücken, e actuais estudantes do Master of Science in Computer Science and Communication Systems están desenvolvendo en DEMOCOM dous proxectos tecnolóxicos que lles permitirán obter a súa titulación definitiva.

Así, traballan no desenvolvemento dunha aplicación para a obtención automática de mapas de cobertura e o desenvolvemento dunha aplicación para permitir o telecontrol do caudal e o vertido dos ríos, o control da transmisión de datos e as estacións meteorolóxicas e, en definitiva, o control de calquera estación vinculada con medio ambiente e/ou emerxencias e que sexa susceptible de enviar un dato desde unha estación remota a un centro de control.

Ambas aplicacións, que serán pioneiras xa que están sendo desenvolvidas sobre tecnoloxía DMR, axudarán á empresa a mellorar os procesos internos, aportarán calidade á metodoloxía de traballo e poderanse paquetizar para a súa posterior venda a outras empresas con actividades similares.

Tanto a HTW como DEMOCOM están plenamente convencidos de que con esta alianza, coa que se potenciará o know how de cada unha delas, lograrase intercambiar coñecementos e experiencias que darán lugar a resultados que permitirán aplicar as investigacións tecnolóxicas universitarias a proxectos empresariais reais para o beneficio das empresas, e por extensión, da sociedade en xeral.

OUTROS ACORDOS ESTRATÉXICOS

A alianza coa Universidade de Saarbrücken non é a primeira para ITC Grupo, que xa asinou en abril de 2007 un acordo que terá vixencia ata 2011 coa Universidade de Vigo para acoller a alumnos da Titulación de Telecomunicacións baixo unha bolsa para realizar o seu proxecto fin de carreira.

Do mesmo xeito, desde 2004, ITC Grupo renova anualmente o convenio que mantén coa FUAC (Fundación da Universidade de A Coruña) polo cal estudantes e recén titulados veñen realizando prácticas como bolseiros nas diferentes empresas do Grupo. Desde que se iniciou o convenio, máis de 30 alumnos da universidade de A Coruña realizaron as súas prácticas profesionais en ITC Grupo, e polo menos un 75% deles sumáronse, superado o periodo de prácticas, á plantilla de traballadores da firma coruñesa.

Así mesmo, a Directora de RRHH de ITC Grupo iniciou contactos coa Universidade de Oviedo para asinar un convenio de colaboración.

DEMOCOM

DEMOCOM é o primero operador de radiocomunicacións dixitais de Galicia.

O seu servizo EMERXENCIAS está orientado a ofrecer comunicacións para colectivos como policía local, protección civil, bombeiros, brigadas anti incendios, etc. Precisamente por iso, DEMOCOM é un operador indicado especialmente para os Concellos e organismos públicos, que con este sistema poderán ver garantidas as comunicacións de todos os seus equipos profesionais xa que proporciona comunicacións absolutamente fiables e confidenciais, mellora enormemente a calidade de audición da voz con respecto á tecnoloxía analóxica, permite ver nun mapa en tempo real posicionados todos os equipos o que fai posible saber en todo momento en que punto exacto se atopan as persoas que portan un equipo (policía, protección civil, mantemento…), entre outras moitas vantaxes.

O operador DEMOCOM, desplegado polas empresas galegas DEMOTECNIA e ITC GRUPO para dar cobertura a toda Galicia, é unha auténtica novidade tecnolóxica xa que está baseado en tecnoloxía DMR, un estándar ETSI lanzado recentemente ó mercado.

Actualmente a empresa atópase inmersa nun Road Show que a llevará a presentar o operador en 50 Concellos de Galicia. Ata o día de hoxe ten visitado Rianxo, Santa Comba, Chantada, Carballo, Ames, Brión, Vilalba, Muros, Cambados, Ribadeo, Burela, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Lalín, O Grove, Sanxenxo e Cangas, e nos próximos días visitará Betanzos, Mos, A Estrada e A Laracha.

UNIVERSIDADE DE SAARBRÜCKEN – HTW

HTW é a abreviacioón de 'Hochschule für Technik und Wirtschaft des Saarlandes', a Universidade de Ciencias Aplicadas con sede en Saarbrücken, a capital do Sarre, Alemania.

En 2007 celebrou o bicentenario da súa 'Escola Técnica Superior', como se lle chamou no 1807.

Durante estos séculos, a HTW xunto coa industria, ofreceu carreiras académicas e profesionais cun perfil de enxeñería que goza dunha moi alta reputación na rexión, en Alemania en xeral e en toda Europa. A receita do éxito da formación da HTW é que aplican a teoría á práctica e que proporciona a cada alumno un semestre de formación nunha empresa nacional ou internacional.

Tanto os estudantes coma os profesores traballan nunha rede de cooperación coa industria en beneficio mutuo

A HTW actualmente ofrece 26 carreiras académicas a nivel de “Bachelor” e de “Master” e estudan nela más de 4000 alumnos.
Mónica Verea (ITC Grupo)