Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Convocada a IV edición do Premio de Traducción Plácido Castro

O texto salienta a singularidade de Plácido Castro á hora de postular a creación dun teatro nacional asentado na tradición mais cunha orientación culta, superando a fase do ruralismo enxebre do teatro rexionalista para andar camiños novos, unha reflexión polémica no seu tempo e de actualidade aínda hoxe.
Con esta publicación, a Fundación Plácido Castro segue ampliando a súa producción editorial que é reflexo do estimulo da reflexión sobre os principias aspectos da obra do autor nacido en Corcubión en 1902.
Igualmente o Padroado aprobou a convocatoria do Premio de Traducción, dotado con 3.000 euros e que xa recaeu en Lois Tobío e Valentín Arias, Xesús Riveiro Costa, e Enma Lázare. O Premio de Traducción será entregado en Vilagarcía de Arousa, coincidindo co natalicio de Plácido Castro, e no marco dunha cerimonia animada coa lectura pública de textos deste autor.
O Padroado da Fundación acordou igualmente, entre outros, celebrar en Corcubión en 2005 un Congreso monográfico sobre Plácido Castro e o seu tempo.
Igadi