Punta Arnela acolle o último slálom automobilístico do ano
Punta Arnela se converte o 6 de decembro nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol para este ano. O concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, presentaba esta mañá en rolda de prensa esta nova edición acompañado do presidente da entidade organizadora, Germán Castrillón, e do seu secretario, Francisco Costilla.
Neste contexto, o responsable das políticas deportivas da Administración local subliñaba o enorme éxito de público acadado nas edicións anteriores e destacaba á urbe naval como referente para os seguidores do motor na comarca. Asemade, Santiago lembraba que coincidindo coa disputa do slálom o entorno da Malata tamén acollerá a celebración do Máster Serie de Tenis. Dous eventos que situarán a Ferrol no epicentro da actividade deportiva na Comunidade galega. E, ao fío, o edil de Deportes destacou as extraordinarias cualidades do espazo no que se van a desenvolver tanto o tenis como o slálom, con máis de 1.000 prazas de aparcamento gratuíto e unha configuración viaria idónea para facilitar o tránsito de vehículos.
Respeto da proba, Germán Castrillón avanzou que se realizará este sábado, 6 de decembro, no circuito de asfalto habilitado nas instalacións da Feira de Mostras. Constará de tres mangas clasificatorias, das que se escollerán os dous mellores tempos, ata chegar a seleccionar os dezaséis mellores participantes que pasarán á final. Haberá premios e trofeos para os catro mellores de cada clase e os cinco primeiros da xeral, ademáis de ao gañador final das eliminatorias e ao subcampión, que neste caso recibirá un trofeo.
En canto aos horarios, o presidente da Escudería Ferrol sinalou que as poucas horas de luz solar que se rexistran no mes de decembro obrigaron á organización a condensar o programa na mañá e nas primeiras horas da tarde do sábado. Así, explicou que de 9 a 10.30 se realizarán as verificacións técnicas e administrativas, así como o recoñecemento do circuito. Ás once se publicará a lista de participantes autorizados a tomar a saída e unha hora máis tarde comezará a disputa da primeira manga. As probas da mañá rematarán contra das 13.30 horas. Castrillón tamén apuntou que ao mediodía haberá un descanso de hora e media e que as rondas eliminatorias se retomarán ás tres da tarde. O 14º Slálom Fimo finalizará contra das seis e media do serán. O custo das entradas é de 5 euros, cantidade que non terán que aboar os menores de 15 anos e os socios da Escudería.
Germán Castrillón mostrouse satisfeito co nivel de participación previsto nesta edición, tanto en calidade como en cantidade. Agárdanse preto de corenta coches inscritos e a presencia de pilotos da importancia de Jesús Ferreiro aos mandos dun BMW M3, ou de Pablo Rey ao bordo do seu Mitsubishi. Tamén confirmaron a súa presenza Oscar Fernández, Manuel Freire, Antonio Otero, Ivan Cagiao e Roberto Ponce, así como o piloto novel Diego Aneiros. A organización tamén espera contar coa participación do actual campión galego de rallyes, o lucense Pedro Burgo, dúbida por compromisos cos seus patrocinadores.
Finalmente, Germán Castrillón tivo palabras de agradecemento para as institucións que apoiaron e colaboraron na organización da proba, entre as que citou ao Concello de Ferrol.

Concello de Ferrol