O libro da selva, o 20 de decembro en Compostela
O espectáculo conta coa colaboración do Auditorio de Galicia, a Concellaría de Cultura, Xacobeo e Fundación Caixa Galicia. A entrada, a un prezo de 10 euros, xa está á venda a través do servizo de ticketing de Caixa Galicia (902 43 44 43; www.caixagalicia.es).
Nenos e maiores poderán gozar o 20 de decembro das aventuras do pequeno Mowgli, o oso Baloo e a panteira Bagheera. A versión de O LIBRO DA SELVA que chega a Santiago de Compostela é unha obra de teatro musical para todos os públicos, cunha atractiva posta en escea e onde os asistentes poderán viaxar a un mundo de fantasía e diversión, con bailes e cancións en directo que dan cor a unha historia coñecida por todos.
Este espectáculo infantil está cargado de música, enerxía, risas e participación do público para que os máis pequenos aprendan mentres se divirten cos seus personaxes favoritos. O LIBRO DA SELVA é unha obra de animais que reflicte comportamentos humanos: a amizade, a xenerosidade, o rancor, a aceptación das diferenzas de razas...
O LIBRO DA SELVA representarase o sábado 20 de decembro no Auditorio de Galicia en dúas sesións: ás 17h e ás 19h. As localidades para asistir ao espectáculo xa están á venda en Caixa Galicia (902 43 44 43; www.caixagalicia.es) a un prezo de 10 euros, e tamén se poderán adquirir o mesmo día do evento no despacho de localidades do Auditorio de Galicia.

Chelo Suárez (responsable de Comunicación do Multiusos Fontes do Sar)