Presentado o congreso: 70 anos despois do exilio republicano galego
Presentado o evento 70 anos despois. Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano que se vai celebrar os días 12, 13 e 14 de marzo no Pazo de Mariñán, na Coruña. Na presentación participaron os membros do comité organizador deste Congreso: Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos, Isaac Díaz Pardo, Gregorio Ferreiro Fente e Charo Portela Yáñez
Setenta anos despois do inicio do exilio republicano, a sociedade democrática ten a obriga moral de facer unha reflexión cívica e intelectual sobre o labor realizado polos exiliados galegos en moi distintos países.
Queremos que este novo Congreso Plural, tras o esforzo colectivo que significaron os once celebrados no ano 1999, contribúa a dar un novo pulo á investigación sobre diferentes aspectos da obra intelectual do exilio, e tamén como en 1999, terá o título xeral Setenta anos despois. “O teatro”, “a prensa e a edición”, “as artes plásticas”, “o cine” e “a ciencia e investigación” serán os diferentes aspectos do exilio que estudiaremos ao longo de tres días da man de especialistas coma Manuel Aznar, Margarita Ledo, Miguel Anxo Fernández, Fernando Salgado, Emilio Grandío ou Antonio Garrido, entre outros. Como actividade paralela, vai terá lugar un ciclo de cine adicado ao exilio galego no C.G.A.I.

70 anos despois. Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano