Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Deputación de Ourense presenta o Plan Innova: 3 millóns de euros para buscar traballo a 500 persoas

O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, presentou públicamente o Plan Innova que desenvolverá a Deputación, con financiamento do Fondo Social Europeo e que superará os 3 millóns de euros. O obxectivo deste plan é dar formación específica para conseguir a inserción laboral de 500 persoas da nosa provincia. Iste programa terá 4 eixes de actuación: actividades vencelladas á atención a persoas con dependencia, formación en materia de enerxías renovables, o sector do transporte -con especial dedicación á muller- e o termalismo.

O ámbito de actuación do programa será o de toda a provincia, que se dividíu en catro zonas xeográficas para que resulte máis operativo. As persoas que participen neste programa recibirán unha prestación económica, que será a máxima permitida polo Fondo Social Europeo. A xestión corresponderá ó servizo de Fomento do Emprego, Igualdade e Asuntos Sociais da Deputación, que dirixe José Juan Cerdeira. No desenvolvemento deste proxecto participarán numerosas empresas, sendo o Parador de Santo Estevo o primeiro.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense