Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Novo autobús para o concello de Melón

O concello de Melón estrea un novo autobús, que prestará servizo dentro do propio termo municipal.

Básicamente, destinarase a transportar ós veciños do concello ás diferentes instalacións e servizos públicos municipais. O autobús, marca Mercedes, ten unha capacidade de 19 prazas.

Foi financiado grazas a unha colaboración entre o concello de Melón, Caixanova e a Deputación de Ourense. Ademais, está rotulado con imaxes promocionais do concello.



Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense