Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Ferrol acolle unha exposición sobre a obra do humorista gráfico Siro López

Máis dun centenar de caricaturas de Siro López sobre os acontecementos máis sobresaíntes da historia da Autonomía Galega, os feitos que definiron esta etapa, e os persoeiros que foron protagonistas da mesma, conforman a exposición que foi inaugurada no centro Carvalho Calero de Ferrol, baixo a organización da Deputación da Coruña.

A mostra “A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro López” recolle unha selección das viñetas que Siro López publicou no xornal “La Voz de Galicia” desde 1985 ata 2006. Trátase, pois, dun percorrido, en clave de humor, pola historia máis recente de Galicia, según afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, no acto de apertura ao público da exposición, no que estivo acompañado do propio autor, e tamén do alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e da concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales.

Fernández Moreda definiou a Siro López como un dos grandes mestres do humor gráfico galego contemporáneo”, e soubliñou que “non foi unha casualidade a elección de Ferrol, pois Siro López naceu aquí; e aquí fixo tamén a súa primeira exposición, na sede que foi do Real Coro Toxos e Froles. Un feito que lembra con moito agarimo, e que foi para él a confirmación de que “o sorriso intelixente é un esperanto entre a xente de boa vontade. En verdade, as súas creacións provocan ese “sorriso intelixente”, no deixan indiferente ao espectador. Son como pequeños editoriais dos feitos reflexados, e fan certo aquelo de que unha imaxe vale máis que mil verbas”.

Fernández Moreda salientou tamén que “Siro López, a través da sua xenial pluma, nos ofrece a súa particular visión, por suposto en clave de sátira intelixente, do acontecer en Galicia nos últimos 25 años. “A mostra é unha ocasión máis para achegarnos a nosa historia máis recente, e unha nova oportunidade para volver a sorrir lembrando esta etapa, baixo a maxistral interpretación de Siro”.

O presidente provincial comentou tamén a edición dun catálogo que, “sen dúbida, e unha peza bibliográfica de gran valor. Ademáis das reproduccións das caricaturas de Siro, inclúe a excepcional colaboración de destacados persoeiros da vida política, xornalística, cultural e académica galega, admiradores, como todos nós, do enseño de Siro, da súa especial capacidade para interpretar a historia en clave de humor. Entre os colaboradores do mesmo póndense citar como o ex alcalde coruñés, e actual Embaixador de España preto da Santa Sede, Francisco Vázquez; o presidente da Corporación Voz, Santiago Rey Fernández-Latorre; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o catedrático Ramón Maiz, e o politólogo, Xosé Luis Barreiro.

Pola súa banda, tanto o propio Siro López como o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, celebraron que a exposición foise inaugurada na cidade departamental. O humorista gráfico definiuose como “ferrolán de nacemento e de sentemento; mentras que para o primer edil o centro Carvahlo Calero é o escenario máis adecuado para acoller a obra de Siro, “un humorista moi audaz, que ten o recoñecemento de Ferrol, de dos ferroláns”.

Siro López loubou a iniciativa da Deputación da Coruña de facer esta exposición, e recoñeceu a dificultade para facer unha escolma de seu traballo, “pois tratábase de reflectir os eventos máis importantes da hitoria da Autonomía Galega”.

A exposición das caricaturas de Siro López permanecerá ata o 1 de marzo no cento cultural Carvalho Calero de Ferrol, para despois iniciar a súa itinerancia por dez concellos da provincia coruñesa, según afirmou o presidente provincial Salvador Fernández Moreda.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de A Coruña