Unha gala no Teatro Jofre conmemora o Día da Muller
A concelleira de Muller e Benestar Social, Beatriz Sestayo, deu a coñecer o programa de actos previstos pola Administración local ferrolá para o mes de marzo con motivo da celebración, o vindeiro domingo 8 en todo o mundo, do “Día da Muller Traballadora”. Unha programación que, tal e como informou a edil, era aprobada esta mañá por unanimidade na comisión de área, e que estará caracterizada pola súa diversidade. Deste xeito, e baixo o lema “Son Muller: É grande ser muller... Celebrando a vida en relación neste Ferrol en Feminino”, o Concello organizará nas vindeiras datas unha exposición coas creacións levadas a cabo polas asociacións de mulleres da cidade, unha mesa redonda coa presenza de representantes sindicais e unha cena-festa, entre outras propostas. Porén, a principal cita terá lugar o propio día 8, coa celebración no Teatro Jofre dunha gala na que se fará entrega do primeiro galardón “Oito de Marzo”, co que se quere recoñecer os méritos dunha muller ou entidade en calquera ámbito da sociedade a prol da igualdade.
Xa polo miúdo, a responsable das políticas sociais do Concello avanzou que os actos comezarán o vindeiro sábado 7, coa celebración no Campus Universitario do Congreso Galego de Mulleres Xordas, a través do cal se fará unha análise da realidade sociolaboral do colectivo feminino na Comunidade, centrándose neste caso naquelas persoas que padecen algún tipo de disfunción auditiva.
Con respecto á gala do domingo 8 no Teatro Jofre, Beatriz Sestayo explicou que estará conducida pola poeta Lucía Aldao. Nela, ademais da entrega do galardón “Oito de Marzo”, para o cal xa se recibiron ata 30 propostas diferentes por parte da cidadanía ferrolá, terá lugar a actuación do grupo musical “Faltriqueira”. Así mesmo, o público asistente terá a oportunidade de contemplar unha pequena mostra de como as mulleres das distintas asociacións do municipio e da propia Casa da Muller “celebran a vida en relación”, en palabras da propia Beatriz Sestayo. A edil lembrou tamén que a selección da persoa ou persoas recoñecidas para o galardón “Oito de marzo” correrá a cargo do Consello Municipal de Muller.
Outro dos puntos principais da programación será sen dúbida a mesa redonda que se celebrará na Casa da Muller o luns 9 ás cinco da tarde. Nesta data participarán representantes dos sindicatos CIG, CC.OO., UGT, USGT e USO, as cales farán un repaso da situación da muller con respecto ao traballo remunerado, así como daquelas propostas de cambio realizadas polas propias mulleres.
Por outro lado, xa na xornada do venres 13, a partir das 22 horas, celebrarase no restaurante da Malata unha cena-festa á que están invitadas todas cidadás de Ferrol. ¿O prezo? 15 euros e ademais, as asistentes poderán deleitarse coa actuación dunha coral.
Mulleres creativas
Así mesmo, a concelleira sinalou que xa dende o día 3 de marzo, e ata o 31, estará aberta ao público na Casa da Muller a exposición “Mulleres creativas do movemento asociativo”, na que os cidadáns e cidadás poderán contemplar unha selección daquelas creacións máis importantes desenvolvidas polas asociacións de mulleres da cidade, entre as que inclúen actividades como, por exemplo, os menús saudables.
Finalmente, a edil de Muller fixo un chamamento á cidadanía de Ferrol para que se sume ás distintas actividades programadas polo departamento que dirixe e que buscan, de maneira especial, recoñecer o papel do colectivo feminino en todas as esferas da vida, así como atopar entre todos os membros da sociedade propostas coas que a plena igualdade entre homes e mulleres se convirta nunha realidade indiscutible.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol