Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Ourense organiza a recepción dos participantes na XXX Edición do Rally de Cambrils de Automóviles Antiguos

O Concello de Ourense, en colaboración coa Escudería de Clásicos de Ourense, organiza a recepción dos participantes na XXX Edición do “Rally de Cambrils de Automóviles Antiguos”, que chega o mércores 25 de marzo. O rally atravesa nesta edición a Península, para ir dende o Mediterráneo ata o Atlántico (entre Cambrils e Santiago de Compostela).

O programa no seu paso pola nosa cidade será o seguinte:

Mércores, 25 de marzo:
- Chegada polo enlace centro da autoestrada, procedentes de Puebla de Sanabria, a partir das 18:15 h.
- Entrada dos vehículos á Praza Maior, pola Praza Bispo Cesáreo.
- Exposición dos 36 vehículos participantes, na Praza Maior entre as 18:20 e as 21:00 h.
- Recepción do alcalde no Concello ós participantes do evento, ás 19:00 h.
- Visita turística ás Burgas e paseo polo Casco Vello.
- Saída ás 21:00 h. polas rúas peatonais: Lamas Carvajal e Paseo, para aparcar no aparcamento da rúa Juan XXIII.

Xoves, 26 de marzo:
9:00 h: Saída dos vehículos dende o aparcamento Juan XXIII, pola avda. Habana, Pavillón de Deportes e Rúa Ribeira Sacra, en dirección á entrada da autoestrada.

Os obxectivos do Rally son fomentar a cultura, o civismo e a convivencia, ademáis de promover fluxos de movemento entre poblacións. Deste xeito, preténdese convertir o Rally nun museo ambulante, que suxira coñecemento, encanto e ganas de viaxar.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense