Concello de Ferrol e Confrarías asinan un convenio de colaboración para a Semana Santa

Tras a rúbrica, Vicente Irisarri comezaba a súa intervención agradecendo aos centos de ferroláns e ferrolás que, co único descanso do día de Chamorro, centran o seu esforzo e vontades en conseguir que, ano tras ano, a Semana Santa de Ferrol, declarada de Interese Turístico Nacional, gañe visitantes e fieis. Nesta liña, o alcalde salientou a importancia desta cita, que convirte a Ferrol no centro turístico por excelencia de Galicia. Asegurou que, ao marxe do apoio económico que o Concello lle presta á Coordinadora de Confrarías, a institución local tamén traballa con intensidade por promocionar a Semana Santa e conseguir que sume atractivos. Así, avanzou a posta en marcha, tamén por segundo ano consecutivo, dun servizo especial de transporte público gratuíto que una A Malata -zona de entrada á cidade conectada con autoestrada- co barrio da Magdalena, ou os contactos coa Cámara de Comercio para tentar lograr a apertura dos comercios en tan sinaladas datas. Para o alcalde, a Semana Santa ten o respaldo sen fisuras dos 25 concelleiros da corporación e, nesa liña, seguirá a traballar o Concello.
Pola súa banda, María del Carmen Arcos mostrou a súa satisfacción pola firma do convenio, xa que aporta unha seguridade de financiación necesaria para a entidade que representa. De feito, o alcalde lembraba neste punto que a Coordinadora recibiría coa sinatura do convenio o 50% da achega, namentras que o 50% restante se abonaría unha vez rematada a actividade, trala presentación no Rexistro Xeral do Concello da documentación xustificativa.
Así mesmo, Arcos agradeceu a colaboración de toda a corporación na organización da Semana Santa, da que destacou o seu carácter profundamente relixioso, pero tamén cultural e turístico. E, neste senso, se mostrou encantada de que a Semana Santa contribúa de forma decisiva á dinamización socioeconómica da cidade.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol