Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Ourense fomenta a cultura emprendedora no sector medioambiental

A Concellería de Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense organizará dende o luns, día 13 de abril, un curso sobre “A agricultura ecolóxica: técnicas de producción e traballo”. O curso está dirixido a persoas en activo (PEMEs e autónomos), profesionais, traballadores por conta propia, agrarios e profesionais da Educación. Conta con 15 participantes, e desenvolverase ata o día 30 de abril, de luns a venres, de 18:50 a 21:00 horas, no Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense na rúa Padre Feijoo, 1 A.

Esta iniciativa forma parte do proxecto Ecoemprende que desenvolven o Concello, o Fondo Social Europeo e a Fundación Biodiversidade, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, que ten como principal obxectivo fomentar a cultura emprendedora no ámbito das actividades productivas respectuosas co Medio Ambiente e orientadas ó aproveitamento racional dos recursos.

O curso, de 30 horas de duración, será impartido por Ana de Martín Miguel enxeñeira técnica agrícola, e consta de 5 unidades didácticas: “Diagnóstico do sector en Ourense”, “A agricultura ecolóxica”, “Técnicas de Producción e Traballo”, “Regos de Baixo Consumo”, “Colleitas, recolección e conservación do producto”, e “Posibilidades de futuro”.

Esta actividade forma parte do proxecto Ecoemprende, que inclúe tamén a realización, ata o vindeiro ano 2010, de diferentes accións formativas e de divulgación, como cursos nas modalidades presencial, a distancia e mixta, e xornadas informativas, entre outras actividades, así como a organización dunha feira de ecoemprendedores e un aula móbil de carácter informativo. O proxecto Ecoemprende complétase cun servicio de asesoramento personalizado a ecoemprendedores e a creación unha bolsa de proxectos no sector do medio ambiente.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense