Accións formativas para mellorar a competitividade do pequeno comercio local
Mellorar a competitividade do comercio local e facilitar a formación dos profesionais deste sector, ao tempo que se ofrece unha oportunidade aos desempregados que queiran traballar nesta área, é o obxectivo das novas actividades que o Concello e a Asociación de Comerciantes de Ferrol (ACOF) poñen en marcha no Centro Municipal de Emprego. Unha nova acción formativa dirixida tanto a traballadores en activo como persoas en paro. Neste caso trátase do curso sobre técnicas de negociación cos proveedores, que dará comezo ás 20.30 horas. Así o anunciaba hoxe o concelleiro de Promoción Económica, Ramón Veloso, quen sinalaba que esta iniciativa se inclúe dentro do convenio de colaboración asinado para o período 2008-2009 entre a Administración local e o colectivo de comerciantes e que suporá a posta en marcha de catro accións máis para os próximos meses.
Máis polo miúdo, o responsable das políticas económicas do Concello explicou que a participación nos cursos está aberta a todas aquelas persoas interesadas en recibir unha formación complementaria, sexan profesionais en activo ou demandantes de emprego. A inscrición nos mesmos, con carácter totalmente gratuíto, pode facerse de xeito anticipado chamando por teléfono ao Centro Municipal de Emprego (981 944 195) ou poñéndose en contacto coa propia asociación, ben a través do teléfono 981 364 036 ou presencialmente na súa sede, sita na rúa do Sol 143. Tamén o propio día do curso.
E respeto da acción formativa, o concelleiro avanzou que será impartido por José Grandal, da firma “Proxectos”, de 20.30 a 22.30 horas. Nesta liña explicou que adaptar o horario ás necesidades dos comerciantes foi unha cuestión prioritaria, de maneira que os comerciantes poidan compatibilizar o traballo coa asistencia a estas accións formativas. Ao tempo, Ramón Veloso avanzou outras actividades que se celebrarán nos próximos días no marco deste convenio. Así, informou de que o vindeiro 28 de abril terá lugar a charla “A atención de queixas e reclamacións”. Xa no mes de maio está programado un curso sobre “Como fixar prezos e marxes”. Esto será o 5, mentres que o 12 o eixo central da actividade serán as “Rebaixas, saldos, liquidacións e promocións”. Pechará o mes o día 19 o relatorio “Como deseñar promocións”. Neste contexto, Ramón Veloso destacaba o carácter dinámico e participativo das actividades, nas que se busca a implicación dos participantes.
Actividades formativas para hosteleiros
Nesta liña de potenciar o sector servizos facilitando a formación dos seus traballadores e mellorando a súa empregabilidade, o Concello ten previsto desenvolver nos próximos días e de xeito paralelo aos cursos destinados aos comerciantes locais, numerosas accións formativas dirixidas aos hosteleiros da cidade. Así, e no marco do convenio asinado entre Concello e Asociación de Empresarios de Hostelería tamén no 2008, o vindeiro mércores día 22 terá lugar un curso sobre o servizo de queixos e outros lácteos, cuxa finalidade é dar a coñecer os distintos tipos de produtos que existen neste ámbito e as amplas posibilidades que ofrecen á hora de preparar un menú. Na xornada do luns 27 o protagonista será o “Orujo de Galicia”, mentres que para os días 28 e 29 está programada unha proposta para aprender a elaborar e servir pinchos. E xa en maio, concretamente do 11 ao 13, as charlas se centrarán nos aperitivos salgados.
Finalmente, Ramón Veloso lembrou que con este convenio o Concello ten moi presente a necesidade de implicarse directa e economicamente no campo da formación dos profesionais da hostalería e do comercio, e engadiu que, sen dúbida, esa mellora na calidade do servizo repercutirá de xeito moi positivo na economía local.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol