Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Orde dos Templarios reúnese en Tui

O Gran Priorato en España da Orden Soberana e Militar do Temple de Xerusalén celebra este fin de semana en Tui unha reunión a que acudirán templarios de toda España, Portugal e tamén doutros países. Estarán presentes amais o Gran Mestre e Príncipe Rexente Don Fernando Pinto de Fontes, así coma o Visitador Maxistral para España, Luís Gómez San Martín.
A Orde Soberana e Militar do Temple de Xerusalén ten coma fins promove-las virtudes cristiás, defende-la orde social, practicar obras de misericordia, de beneficencia e caridade, así coma propagar as nobres tradicións da antiga cabalería, patrocinar estudios históricos, heráldicos e xenealóxicos, particularmente en relación á antiga tradición templaria.
A continuación detállase o programa de actos a desenvolver:
Venres 30 de xullo: Ás 18.00 h Recepción no Hotel Colón. Ás 20.00 h Conferencia ou Mesa Redonda. Ás 21.30 h Velada de Armas na S.I. Catedral. Ás 22.30 h Cena no Hotel.
Sábado 31 de xullo: Ás 11.00 h Visita turística programada polo Concello. Ás 13.00 h Recepción no Concello ás damas e cabaleiros. Ás 14.15 h Xantar no Hotel. Ás 19.00 h Concentración no hall do Hotel Colón. Ás 19.15 h Saída en comitiva cara a S.I. Catedral con ofrenda floral e descubrimento de praca conmemorativa. Ás 21.15 h Investidura na S.I. Catedral que será presidida polo Excmo. Rvdmo. Sr. Bispo da Diocese de Tui-Vigo, D. José Diéguez Reboredo. Ás 23.00 Cea de Gala no Parador Nacional de Turismo San Telmo.
Domingo 1 de agosto: Saída en autobuses, cedidos polo Concello de Tui, para asistir á Misa do Xubileo en Santiago de Compostela. Regreso a Tui, con xantar en rota, e fin do cerimonial.
Concellería de Cultura, Comercio, Turismo e Medios de Comunicación do Concello de Tui