Corina Porro toma posesión na Autoridade Portuaria de Vigo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o obxectivo da Xunta é facer da Autoridade Portuaria de Vigo unha institución “exemplo de servizo público, de eficiencia administrativa e de manexo transparente dos recursos económicos”. Durante o acto de toma de posesión de Corina Porro como presidenta da Autoridade Portuaria, o máximo mandatario autonómico avogou por converter Vigo en “pata negra portuaria” co concurso de todas as “forzas vivas da cidade”.
“Todas as forzas vivas da cidade deben unirse para converter a crise en oportunidade e facer de Vigo un porto referente da franxa Atlántica”, aseverou Alberto Núñez Feijóo lembrando que o porto olívico é “unha obra colectiva” e que así o entenderon as xeracións de vigueses que o impulsaron a diario e tamén é como o entende o Goberno galego, consciente –dixo-, de que o seu crecemento repercute “con efecto dominó en toda a comunidade”.
“Poñer ao servizo de Galicia o potencial desta infraestrutura non será máis que poñer ao servizo de Galicia emprego e futuro económico”, afirmou Feijóo apelando á necesidade de que Xunta, Concello de Vigo e Autoridade Portuaria unan esforzos para aproveitar a posición estratéxica desta dársena. “Lograr a permanente sintonía debe ser unha prioridade para que o Porto de Vigo siga servindo ao crecemento económico de Galicia”, apuntou.
Porto de Vigo, parte activa para superar a crise
A este respecto insistiu en que “todos e cada un de nós debemos comprometernos para converter o porto de Vigo en parte activa do proceso de recuperación que debe iniciar Galicia para superar a crise que nos desafía” e que, segundo avanzou Feijóo, “xa se deixou notar no tráfico portuario”.
De feito, o pasado ano 2008 o tráfico total deste porto descendeu, comparándoo co exercicio anterior, un 8,36 por cento, segundo relatou o presidente galego. “Pero os datos que levamos de 2009 son aínda máis preocupantes –adiantou-, xa que as últimas estatísticas xerais da Autoridade Portuaria certifican a caída en febreiro do 30 por cento”.
Futuro esperanzador
Con todo, engadiu Feijóo, o porto de Vigo ten moitos elementos que, acompañados dunha boa xestión, permiten soñar “cun futuro esperanzador”. De feito, segundo lembrou, conta cun tráfico portuario “de calidade”, ten por diante un reto de importancia “incalculable”, a recente incorporación ás autoestradas do mar, e a construción da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves que, afirmou, “vai permitir intercalar procesos que aumentarán o valor das mercadorías”.
“En definitiva –agregou-, temos opcións de futuro para converter Vigo en pata negra portuaria, pero estamos obrigados a poñer esta batería de oportunidades en comun co traballo e coa xestión administrativa: nun momento de grave crise como o actual é cando a xestión dos fondos públicos adquire maior relevancia”.
Neste sentido, Feijóo referiuse á necesidade de abordar a mellora dos servizos para dar resposta ás verdadeiras necesidades do Porto. Primeiro, indicou, “porque os recursos, que normalmente son limitados, agora o son máis; e segundo, engadiu, porque o acerto ou desacerto na xestión dos fondos públicos terá unha transcendencia vital para a situación económica de toda a área de Vigo”.
Esforzo e dedicación
Por último, o presidente da Xunta felicitou á nova presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, e desexoulle sorte ante a tarefa que asume, “nada fácil –dixo-, neste momento especialmente complexo para todos e que exixirá a máxima dedicación co que é e, sobre todo, co que debe ser o porto de Vigo”.
“Sabes que é tempo de feitos e non de promesas, de realidades e non de proxectos, de investimentos e non de compromisos”, díxolle Feijóo á nova presidenta da Autoridade Portuaria engadindo que sabe que traballará arreo para que este porto, motor económico de Galicia, recupere os seus índices de crecemento. “Porque se o porto medra, Vigo medra; e sei que para ti, Corina, Vigo é o máis importante”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia