Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O concello de Muros reforza as actividades da Axenda 21

Dentro do marco da iniciativa de Núcleos de Sostibilidade promovida pola Xunta de Galicia, o Núcleo de Sostibilidade de Muros e a empresa Idom queren contribuír no proceso de creación de concellos que sexan exemplo de crecemento económico e social, á vez que un modelo de respecto e protección do medio ambiente. Unha das principais actividades para conseguir estes obxectivos é a potenciación da participación cidadá.

Para elo, o mércores día 20 ás 20:00 horas na Aula de San Xosé (Escola de Danza) vaise constituír o Comité de Xestión do Núcleo. Este é o órgano consultivo da Axenda 21 Local, está formado por representantes da administración local, dos distintos sectores económicos e de asociacións, entre outras organizacións. A súa función será propor, valorar e priorizar proxectos de mellora a levar a cabo no Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra durante os vindeiros anos co fin de potenciar o desenvolvemento sostible dos municipios. O obxecto é impulsar a economía da zona é á vez cubrir as necesidades sociais da poboación e protexer o entorno.
Moncho Paz (responsable Comunicación Idom)