Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Un asesor da campaña de Barack Obama presenta os retos e oportunidades do cambio climático

Un dos expertos máis importantes a nivel mundial nos efectos do cambio climático e membro do Comité de Campaña de Barack Obama, Juan Verde Suárez, impartirá o vindeiro luns na Deputación a conferencia: El cambio climático. El reto y la oportunidad”. O simposio, no que se abordarán as oportunidades económicas que se xeneran co fenómeno medioambiental, desenvolverase no Salón de Actos, a partir das 20:30 horas.

O encargado de desenvolver en España o proxecto climático do ex vicepresidente de Estados Unidos, Albert Arnold Gore, desgranará as consecuencias que se aveciñan de non actuar contra o fenómeno do quecemento global e explicará as bases para sentar o equilibrio moral e os intereses económicos que xurden en torno ó fenómeno medioambiental e ó desenvolvemento sostible.

Asimesmo, disertará sobre a importancia de explorar novas enerxías, entre elas a eólica, co fin de estimular a economía e protexer o medio ambiente. Ademais, o que foi asesor nas dúas lexislaturas de Bill Clinton tamén explicará cales deben ser os retos da Unión Europea, partindo da base que o país que lidere o mundo na creación de novas fontes de enerxía será a nación que lidere a economía global do século XXI.

O encontro, no que tamén participará o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, enmárcase dentro do programa impulsado polo organismo provincial Lug02, que conta co respaldo da Unión Europea, e busca impulsar os Concellos incluídos nas Reservas da Biosfera e na comarca do Courel.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo