O concello de Palas de Rei pide a Política Territorial a reparación da estrada con Friol
A Comisión de Goberno do Concello de Palas de Rei acordou o pasado martes 19 de maio dirixirse a Consellería de Política Territorial para solicitar a reparación do vial autonómico que une Palas de Rei con Friol.
O Alcalde Fernando Pensado reuniráse en datas próximas con representantes da Conselleria de Pol. Territ. y OP e Vivenda (Cotop) para tratar este tema de relevante transcendencia.
Asimesmo, a Xunta de Goberno Local, según informa o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, acordou solicitar a Deputación Provincial de Lugo a ampliación dos Viais provinciais que van: de Palas a San Xorxe de Aguasantas; de Palas a Ponte Mercé así como os accesos a parroquia de Vilar de Donas.
Todos estos viais que son de titularidade da Deputación Provincial deberían ser ampliados e afirmados con aglomerado xa que unen a capitalidade do Concello (Palas de Rei) coas parroquias máis poboadas(Aguasantas, Merlán, Pidre, e Vilar de Donas,…) e que nun futuro sairán a nova Autovía proxectada.
O Concello Palense comenzará tamén a utilizar o aglomerado en quente e así dentro do Plan de Obras e Servicios do ano 2009 acondicionará varios víais dentro do casco urbán como por exemplo a Rúa do Lavadoiro, a Rúa da Paz, a Rúa do Muiño, Rúa da Torna, o agro do Rolo, os accesos o Grupo Escolar así como os accesos o Centro de Saude e Polideportivo Municipal que redundarán nunha mellora estética e funcional da Vila.

Gabinete de Prensa do Concello de Palas de Rei