Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Cultura e Turismo destina 700.000 euros ao Mosteiro de Melón, en Ourense

A colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Melón para a consolidación do Mosteiro de Santa María quedou ratificada coa sinatura do convenio de cooperación entre as dúas institucións. Con este acordo, rubricado esta mañá no propio Mosteiro de Santa María polo conselleiro Roberto Varela e o alcalde Manuel Alberto Pardellas, a Consellería de Cultura e Turismo comprométese a destinar un total de 693.458 euros en dous anos. O importe total previsto para a actuación no Mosteiro de Melón ascende a 1.693.686 euros xa que o Ministerio de Fomento financiará 946.227 euros, o 57,7 por cento do total.

No acto de sinatura do convenio, Roberto Varela, manifestou a súa “grande alegría” porque este acordo, aprobado no Consello da Xunta do pasado 7 de maio, supón “pasar a formar parte do patrimonio deste Concello”. A actuación, sinalou, englóbase dentro da liña prioritaria do departamento autonómico para a protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural galego.

En virtude do acordo de cooperación, o Concello de Melón comprométese pola súa banda a autorizar a libre dispoñibilidade dos terreos para que a Consellería de Cultura e Turismo acometa a execución das obras. Asemade, exonerará dos custos de licenza preceptiva e asumirá a explotación, mantemento e conservación posterior.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia