Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Acisclo Manzano galardoado co premio Celanova, casa dos Poetas 2004

A Fundación Curros Enríquez e a Deputación provincial revitalizarán o Premio de Poesía
Celso Emilio Ferreiro.
A Fundación Curros Enríquez celebrou unha asamblea na denominadaCasa dos Poetas, no transcurso da cal acordou conceder o Premio Celanova, Casa dos Poetas na súa edición de 2004 ó escultor ourensán Acisclo Manzano, por considerar que forma parte xa da historia da escultura galega.
Segundo se recolle na acta do premio, os membros da Fundación destacaron da súa traxectoria vital o feito de que Acisclo Manzano sexa un significado representante das vangardas artísticas galegas no eido da escultura, que encetou os vieiros da innovación plástica na tertulia do Volter, baixo o maxisterio de Vicente Risco e dos seus compañeiros e amigos, Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios, animada tamén pola presencia de escritores da talla de Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Antonio Tovar, Carlos Casares e Xosé Luís Méndez Ferrín. Suliñando, así mesmo, o tándem artístico que conforma con Xaime Quessada, xa distinguido con este premio no apartado da pintura. Previamente, os membros da Fundación Curros estudiaron o borrador de traballo do proxecto museolóxico da Casa co fin de definir os contidos para todas e cada unha das salas que a constitúen.
Neste sentido quedou consituído un grupo de traballo formado por Xosé Luis Méndez Ferrín, Marcos Valcárcel, Xosé Manuel del Caño, Andrés Mazaira, José Luis Pérez, Antonio Piñeiro e Antonio Mouriño, que será o encargado de supervisar o proxecto de musealización que conta cun orzamento de 220 mil euros que serán financiados dentro do Proxecto Vía Nova xestionados polo Inorde a través da Unión Europea. Outro dos asuntos abordados pola fundación foi o relativo á celebración do 25 aniversario de Celso Emilio Ferreiro. Neste senso o presidente da Deputación e membro nato da Fundación Curros, amosouse a favor de derivar as propostas que el ten por riba da mesa na Deputación provincial, por considerar que Celanova debe ser o lugar onde se celebren estas actividades de homenaxe e memoria de Celso Emilio Ferreiro, razón pola cal dixo ser partidario de que o acto de entrega do pergameo de Fillo predilecto da provincia de Ourense teña lugar, así mesmo en Celanova.
A Fundación Curros, seguindo a pauta da celebración do I Congreso sobre Curros Enríquez e o seu tempo, que tivo lugar no ano 2001 con motivo do 150 aniversario do autor de Aires da miña terra designou ós profesores Xosé Luis Méndez Ferrín e Marcos Valcárcel, membros tamén da Fundación, para que coordinen os contidos do I Congreso sobre Celso Emilio Ferreiro para celebrar durante o ano 2005.
ACISCLO MANZANO – APUNTES BIOGRÁFICOS
Acisclo Manzano iniciou a súa formación en centros de ensinanza laboral, onde aprendeu a talla-la madeira. Foi alumno de Asorey e de Liste. Participou, desde moi novo, en mostras artesanais nas que destaca e gaña premios pola súa moi peculiar concepción da forma, daquela exclusivamente na madeira. Vencéllase ó grupo Os Artistiñas, que anima en Ourense o escritor Vicente Risco e do que forman parte Jaime Quesada, José Luis de Dios, García de Buciños, percorrendo o mundo con eles, desde Francia e Italia a Suecia e dende Exipto a México; na capital de México realiza unha exposición no Museo de Arte Moderna que gaba o grande muralista David Alfaro Siqueiros. Reside temporalmente en Ibiza, onde empeza a familiarizarse co barro rosado daquela illa, abandonando temporalmente a madeira e o bronce, ó que de tódolos xeitos vai volver. Por fin, establécese en Viduedo, a uns 20 quilómetros de Ourense, na estrada que vai a Compostela porque sente que Fidias e o Mestre Mateo son as súas constantes referencias. Na casa taller da vila, un dos máis persoais e fermosos eidos que teña nunca creado un artista, traballa en solitario. Foi medalla nacional de Arte Xuvenil, realizou exposicións individuais en numerosas cidades de España e do mundo; tamén fixo monumentos públicos,- ten un pendente de ubicación en Vigo-. Os seus relevos para institucións públicas constitúen hoxe un emblema, como acontece cos que en bronce ten no Centro Cultural de Caixagalicia, en Compostela. Está representado en tódolos museos de Galicia, en coleccións institucionais e noutras particulares de grande importancia. Manzano empezou cun expresionismo de extraordinaria forza, a base de modificar, escasa, pero xenialmente, troncos abandonados e trabes de derrube. Máis tarde foi cara a formas
recluídas, vagamente figurativas ou a expresións humanas moi idealizadas nas que a curva era rotunda e as rugosidades parte esencial da morfoloxía dos seus bronces. A etapa ibicenca, probablemente a máis fermosa da súa producción, está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón que conserva o British Museum. Estamos perante unha insinuación de formas, se cadra femininas, fragmentos de torsos, ondulacións cunha
textura primorosa onde alterna a convexidade coas granulacións. Os seus torsos son
emocionantes, a partir dunha forma moi elemental na que realiza inscricións case de orfebre. As oquedades soubo incorporalas idealmente ó volume resultante que é a obra. Rostros inscritos nun bloque, incisións no barro tenro, que ó pasar á materia definitiva se
enaltecen.Jaime Quesada, amigo seu e admirador cre que é un elixido dos deuses, aínda que lle pide que non se fíe porque as divinidades olímpicas.
Fundación Curros Enríquez - Concello de Celanova