A secretaria xeral de Servizos Sociais da Xunta visita Palas de Rei

O Rexedorpalense tamén lle expresou a Secretaria Xeral a necesidade de fondos por parte da Administración Autonómica para o funcionamento e persoal do Centro de Día, gasto que ata o momento e durante o ano que leva aberto foi asumido casi íntegramente polo propio Concello Palense.
O rexedor tamén aprobeitou a ocasión para presentarlle unha memoria para a eliminación de barreiras arquitectónicas en todo o casco urbán con un presuposto de 45.000 €. O mesmo tempo tamén lle informou das necesidades do Servicio de Axuda a domicilio que na actualidade presta servicio a uns 70 dependentes. O final da visita, o Alcalde palense mantuvo unha xuntanza entre a Secretaria Xeral de Benestar, O primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, e un representante de Maiores de Galicia S. L. empresa interesada en acometer as Obras da residencia da Terceira Idade en Palas de Rei onde se abordou a posible continuidade do proxecto unha vez que se poida chegar a un acordó para o concierto de Prazas asistenciais na propia residencia privada.
O rexedor Fernado Pensado mostrou a súa satisfacción pola receptividade mostrada pola Secretaria Xeral de Servicios Sociais ante as diferentes propostas realizadas e tamén esperanzado ante a posibilidade aberta de que maiores Galicia execute a Residencia da Terceira Edad en Palas de Rei.
Concello de Palas de Rei