Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Arrancan as actividades deportivas de Verán 2009 en Palas de Rei

O día 1 de xullo deron comenzó as actividades deportivas do Verán 2009 que cada ano ven organizando o Concello de Palas de Rei con motivo da xornada estival. A oferta deportiva do Concello de Palas de Rei aposta por dar cabida os diferentes sectores de idade que existen na poboación en Palas de Rei.

Para este mes de xullo prevesen desenrolar un obradoiro de Desenvolvemento no Medio Natural dirixido a nenos e nenas de entre 14 e 18 anos na Praza do Concello. Así como tamén terán lugar, unha vez a semana, diversas rutas en bicicleta para rapaces/as maiores de 12 anos, o lugar de saida será da Praza do Concello.

Tamén no mes de Xullo desenrolaranse cursos de natación, Multideporte/Práctica deportiva e habrá un Campeonato de Fútbol Sala dirixido, este último, a maiores de 14 anos. Dito Campeonato dará comenzó o 15 de Xullo no Polideportivo municipal.

Asimesmo continua celebrándose, ata o 14 de xullo, o obradoiro de Xinnasia destinado ó colectivo da Terceira Idade de Palas de Rei. Este Obradoiro de Xinansia vense desenvolvendo 4 días a semana en horario de tarde, no Edificio Socio Cultural de Palas e conta cunha aceptación muy favorable por parte da xente maior desta localidade.

En canto ó mes de agosto esta previsto que se desenrolen actividades como Obradoiros de Desenvolvemento Natural, Olimpíada Deportiva, Torneo de Tenis, Cursos de Natación, Rutas en Bicicleta, sendeirismo, Baloncesto 3x3.

En canto as Olimpiada Deportiva é unha actividade que comprende idades entre os 5 e os 12 anos desenvolverase dende o 4 ao 21 de agosto na Área Recreativa. O Torneo de Tenis terá lugar no Polideportivo Municipal e para maiores de 12 anos.

Estas Actividades deportivas do Verán 2009 inicianse tras o final do Curso das Escolas Deportivas Municipais que tivo lugar o pasado xoves día 25 de Xuño donde os diferentes alumnos participantes nas distintas modalidades deportivas despediron o curso cunha festa na que non faltaron os xogos, os agasallos (camisetas) e unha merenda entre os alumnos e os país que os acompañaban.
Gabinete de Prensa do Concello de Palas de Rei