Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Arrancas as obras dos locais sociais de Ferreira e Berbetouros

O Concello Palense inicia as Obras para dotar de locales Sociales os núcleos parroquiales de Ferreira e Berbetouros, as obras encadradas dentro do Fondo Estatal de Inversión Local teñen un orzamento de 77.000€, e permitirán que ámbalas dúas parroquias dispoñan dun local de reunión para as súas Asociacións Culturais así como para as Comunidades de Montes que teñen gran importancia en ámbalas dúas parroquias.
As obras, encadradas dentro do programa do equipo de Goberno de dotar as principais parroquias de locais de reunión, estarán rematadas antes de final de ano.

Noutra banda, tamén rematarán as obras do Local Social de Cabana máis coñecido como Teleclub cun orzamento de 12.000€. Así como está previsto a creación dun local social en Merlán que se ubicará na área recreativa que se vai construir. Asimesmo, o Concello tamén acondicionará o Campo da Festa de Alba no cal se farán obras de acondicionamento do cerre perimetral e dotación de mobiliario (mesas, asadores) estas obras teñen un orzamento de 24.000€.

O Concello de Palas de Rei tamén programa diversas actuacións en A Ulloa na que se construirá unha área recreativa así como se rematarán os traballos na área recreativa de San Cibrao. Todas estas actuacións permitirán dispor de lugares de descanso e asueto os múltiples visitantes que acolle Palas de Rei na época estival o mesmo tempo que permite os vecinos ter un lugar de encontró para as súas celebracións e xuntanzas.

O Concello Palense dirixirase Deputación Provincial para interesarse en que estado se encontra o Proxecto para a Construción dunha pista Polideportiva Multiusos en Aguasantas, esta actuación froito dun convenio de colaboración asinado entre o Concello Palense e a Deputación Provincial no ano 2007 leva un considerable retraso o cal e motivo de preocupación no equipo de Goberno Palense.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei