Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Os titulares afectados pola Autovía A-54 están a recibir as súas Actas de ocupación na Casa do Concello Palense

Personal de Fomento ocupa un Local habilitado polo Concello de Palas de Rei situado na Planta baixa da Casa Consistorial en virtude do principio de lealtade Institucional, entre ámbalas dúas Administracións Públicas, que posibilita a cooperación e colaboración en materia do trazado da Autovía A-54 ó seu paso por este Concello. Nesta Oficina, que está aberta o público dende o 13 de xullo ata o 30 de xullo, é donde se veñen atendendo os afectados polo tramo Guntín Norte-Palas Oeste. O horario de atención o Público e de 9:00 a 13:30h. así como, tamén, se informa a tódolos afectados que poderán utilizar o Punto de Información Catastral do Concello de Palas de Rei donde tódolos usuarios poderán obter a información precisa, así como os parcelarios e datos catastrales das súas propiedades.

Noutra banda, compre resaltar que o día 26 comenza o programa “imos a Praia” que organiza o departamento de Cultural e Xuvenil do Concello de Palas de Rei durante varios fins de semana de xullo e agosto. Un programa que facilita o desprazamento a tódolos palenses, que o desexen, as principais praias da Costa Galega. Tamén, dentro do conxunto das actividades deportivas que ten previsto o Concello para este Verán 2009, compre lembrar, que o vindeiro venres 17 remata o prazo pa se inscribir no Campeonato de Futbol Sala que se desenrolará no Pabellón Polideportivo Municipal do día 20 ó 31 de xulio baixo a coordinación do Técnico Municipal de Deportes, Luis Eugenio Mato, e según as normas establecidas pola Federación Galega de Futbol Sala. Tamén a partires do día 30 terán lugar varias Competicións na piscina municipal como Volei, Baloncesto,… a vez que están desenvolvendo clases de natación.


Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei