Raquel Arias recibiu á tenente de alcalde de Cultura, Patrimonio e Ensino de Tarragona

A Tenente de Alcalde visitou Lugo acompañada da arqueóloga do concello, para establecer vencellos con institucións lucenses e avanzar nas relacións que permitan chegar a irmandar ás dúas cidades, abogando pola colaboración das diversas institucións e o Ministerio de Cultura para potenciar a relación entre as dúas cidades pola súa común orixe romana.
Previamente a política catalana entrevistouse co Arquitecto director do Plan da Muralla de Lugo, Ignacio López de Rego Uriarte, co que intercambiou impresións sobre os procesos seguidos en Tarragona e Lugo para a protección das murallas romanas das dúas cidades.
Nesta primeira visita oficial a Lugo – que inluíu tamén entrevistas co Alcalde da cidade e o Bispo da Diocese – Rosa M. Rossell demostrou especial interese nos aspectos de patrimonio e restauración monumental, temas nos que o Concello de Tarragona se ten implicado decididamente, invitando ás autoridades lucenses a visitar a cidade en todo momento e de xeito especial nas celebracións relacionadas co seu pasado romano.
A Delegada Territorial da Xunta agasallou á política catalana cunha figura de Sargadelos, e esta entregoulle dúas publicacións editadas polo concello de Tarragona relativas á cidade e á súa Semana Santa.
Gabinete da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo