Acondicionamento dun local social como centro de rehabilitación e ximnasio

Hoxe o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, visitou as obras que se están realizando e aprobeitou para falar cos técnicos destas. Este Centro de Rehabilitación e Ximnasio está previsto que estea en funcionamento no último trimestre deste ano. A inversión rondará os 120.000€uros e está encadrado dentro do Fondo Estatal de Inversión Local.
Según nos informa o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, O Concello recibiu unha subvención para acondicionar o entorno do futuro cuartel da Garda Civil e do Edificio Multiusos por importe de 32.000 €uros. Esta aportación da Consellería de Presidencia permitirá a construcción dun parque biosaludable nas inmediacións do Centro Social donde están ubicados o Centro de Día, así como o Edificio Social da Terceira Idade e da Asociación de Xubilados de Palas. Con esta actuación o Concello pretende aportar unha nova alternativa de occio e saude o colectivo da terceira idade e a xuventude deste Concello.
O parque Biosaludable contará con novos elementos donde se podrán exercitar tódolos grupos musculares do corpo humán e terá acceso directo as instalación do Edificio Multiusos. O mesmo tempo o Concello aprobeitará para acondicionar o entorno da Rúa do Muiño donde se está mellorando o firme de tódalas vías anexas así como a calidade do suministro eléctrico na zona de Lalín e na Rúa do Muiño. O proxecto contempla asimismo a dotación dun novo alumeado de aforro enerxético en toda a zona da Rúa do Muiño e da estrada de Lalín.
Cultura. No eido cultural, compre lembrar que este fin de semana as parroquias do Concello de Palas: de Lestedo e Santiago de Mosteiro celebrán as súas festas na honra o Santiago Apostolo coa colaboración do Concello de Palas de Rei. En Lestedo abrá misa solemne a 13:00 horas(os dous días) sesión vermouth e verbena a cargo da orquesta Galáctica o primeiro día, mentres que o domingo actuará a orquesta Ilusión. Polo que respeta a parroquia de Santiago de Mosteiro a misa será as 13:30(os dous días) e o primeiro día actuará o Trio Ouro, mentres que o domingo o farán os grupos Capricornio e Ebano.
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei