Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Santiago acolle ol XXX Congreso Internacional sobre Socioloxía da Relixión

O 46% dos mozos españois entre 15 e 24 anos decláranse ateos, indiferentes ou agnósticos, fronte ao 10% que se declaran católicos practicantes segundo pon de manifesto un informe da Fundación Santa María analizado por Alfonso Pérez-Agote Poveda, Catedrático de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid e especialista en relixión e identidades colectivas.

Segundo este investigador, os datos reflexan que na sociedade española se está a producir unha "exculturación", "un proceso polo cal a cultura perde progresivamente as súas raíces católicas", apuntou o propio Pérez-Agote durante a celebración do 30 Congreso Internacional sobre Socioloxía da Relixión que ten lugar en Santiago de
Compostela.

Na súa ponencia titulada "Situación relixiosa en España", Pérez-Agote
asegurou que, a partir de 1994, os católicos practicantes son
remplazados por individuos cuxas posicións están máis alonxadas da
relixión. ?Os indiferentes e agnósticos aumentan de xeito importante e
os ateos, aínda máis?. Sinalou.

Duplicase o número de non crentes

Así, do 2% de españois que se declaraban non crentes en 1965 pasouse a
un 11,5 no 2005. Unhas cifras que se duplican no caso dos mozos. Se en
1975 eran un 29% os que dicían non crer en nada o ser indiferentes ou
ateos en temas relixosos, hoxe esta cifra é do 46%. Este fenómeno
afecta, principalmente, aos xóvenes de Euskadi, Cataluña e Madrid co
63%, 62% y 58%, respectivamente.

Unhas cifras que contrastan cos mozos de Andalucía, Castela e León,
Valencia ou Galicia, que se declaran, maioritariamente, católicos
practicantes ou non practicantes co 60%, 53%, 50% e 48%,
respectivamente. "Históricamente, a relixión fixo un "traballo de
civilización" e forxou as representacións colectivas dos individuos e
a súa visión da familia e da natureza, pero desde os anos 90 a cultura
reixiosa estampase e se observa unha exculturación da relixión",
apunta Pérez-Agote. Un fenómeno ao que tamén axuda a
chegada de inmigrantes, un 11%, dos cales, máis do 50%, non son católicos.

Por iso, este investigador alerta sobre a "obstinación" da xerarquía
eclesiástica en definir a España coma un estado católico e critica que
non "abandone o seu rol de actor político". Con todo, recoñece que a
maior parte da sociedade acepta este discurso porque España se
configurou coma unha democracia católica.

"Rearme ideológico-relixioso"

Por outra parte, o director do Departamento de Socioloxía da USC e
coordinador deste congreso, Juan-Luis Pintos, criticou o "rearme
ideóloxico-relixioso" dos grandes partidos políticos, especialmente,
por cuestións como a Lei do Aborto ou a asignatura de Educación para a
Cidadanía. "Dende a esquerda tendese a facer unha identificación moi
forte coa non relixión e o ateísmo para que o Estado sexa laicista,
mentres que dende a dereita se recuperan principios doutras épocas
para defender as súas posturas", asegurou durante a
presentación deste cónclave.

Por iso, suliñou que o "único antídoto" contra os fanatismos é o
pluralismo relixioso. "Non se pode tender ás exclusións, senón as
inclusións. Non se pode ir nin cara ao pasado franquista, nin aos
postulados da 2ª República", engadiu.

Máis de 600 expertos de socioloxía da relixión deronse cita en
Santiago para abordar os desafíos do pluralismo relixioso e e as
evolucións e conflictos que as relixións e a minorías relixosas
xeneran nas sociedades contemporáneas. Baixo o lema "Os desafíos no
pluralismo relixioso", a capital galega acolle a sociólogos e investigadores das relixións procedentes de máis de 60 países dos cinco continentes.
Congreso ISSR