Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Edificio Arquivo de Betanzos acolle a mostra de Sabela Arias: De diario

A súa primeira exposición é no ano 1988 na súa cidade natal, pero desde ese 1988 as súas pinturas van variando de paisaxe como a súa vida.

Estuda na escola de Artes Ramón Falcón, obtén a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca para proseguir os estudos de postgrado na Universidade do Pais Vasco. Este ir e vir supón unha influencia clara, marcado gusto por novas paisaxes polo que podemos percorrer a súa obra como se fose unha viaxe.

A búsqueda desta artista plástica é sen ningunha dúbida a cor, o seu espazo e a textura, na que o tema vóltase case que anecdótico caendo nun mundo de ríos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesta bagaxe descubre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundíndose co seu eterno encarnado nos lenzos.

Cuncas, torques, persoas, galerías, una descrición dunha sociedade que pasea diante de nós para que descubramos formas e cores.

Vemos a través dos anos cambios nas temáticas, aínda que a súa investigación sempre vai ó redor da experiencia da cor e dos ritmos que xorden dentro do seu espazo.

Ilustración, pintura, gravado, deseño, uso do espazo, podemos dicir que non lle importa nin a técnica nin o formato, que varía constantemente, a súa obra é una búsqueda de sensacións cromáticas puras.

Máis información na Galería de Artistas de GaliciaDigital.com: http://www.culturagalega.info/autor.php?idautor=126&accion=autor&campo=Pintura&muestra=0&galeria=0

Asociación Cultural Eira Vella