A devolución dos 1.900 millóns ao Estado lastrará as contas galegas ata 2015
A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, denunciou no Parlamento que a obrigatoriedade de devolver ao Estado 1.900 millóns de euros polas liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009 “lastraría” as contas do Goberno galego ata 2015.
Na súa comparecencia en pleno, Fernández Currás lembrou que, por unhas previsións “irreais e electoralistas” do Goberno central en 2008 a liquidación negativa ascendeu a 595 millóns de euros, que a Xunta terá que “comezar a devolver no exercicio de 2011, efectuando o reintegro en catro anualidades de 149 millóns de euros” ata 2014.
En canto á previsible liquidación negativa de 1.300 millóns de euros do ano 2009, aínda que de momento é unha estimación, sinalou que terá que reintegrarse a partir de 2012, en catro anualidades de 325 millóns de euros, a cancelar no ano 2015. “Un total de 1.900 millóns de euros a 500 ao ano durante catro exercicios, que nos sitúa nunha situación de crise ata 2015. É inaceptable”, criticou.
Así, lamentou que o Goberno central, “no peor momento”, obriga á Xunta “a pagar un prezo moi caro por un préstamo que ninguén ten solicitado e que supón un enorme lastre para as contas autonómicas dos próximos exercicios”, xa que representa “o orzamento de tres consellerías”.
A titular de Facenda explicou que a liquidación negativa de 2008 descontarase das entregas a conta correspondentes aos exercicios 2011 a 2014, 149 millóns de euros cda ano, “cos conseguientes efectos negativos sobre a capacidade de gasto da Administración galega e no peor momento”.
“O que están a facer é trasladarnos o déficit que o Estado asumiu en 2008, reducir a marxe de maniobra fronte á situación de crise e atrasar a saída desta ás comunidades autónomas”, apuntou Fernández Currás.
A conselleira insistiu en que para evitar esta situación a Administración Xeral do Estado “debería ter elaborado uns cadros macroeconómicos realistas, cunhas taxas de crecemento máis modestas acordes coa situación de desaceleración que se estaba a observar”.
Marta Fernández Currás asegurou que “non é licito aproveitarse dos erros propios” e obrigar ás comunidades autónomas a non poder renunciar a un novo modelo de financiamiento autonómico, baixo a chantaxe de que se non se acepta, non habería uns fondos adicionais que teremos que empregar para devolver as liquidacións negativas nin moratoria do pago das mesmas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia