O Concello de Ferrol busca potenciar o diálogo coa mocidade a través das redes sociais Facebook e Tuenti
A concelleira de Xuventude, Beatriz Sestayo, anunciou a posta en marcha de tres novas canles de información e encontro para os mozos e mozas de Ferrol. Conscientes do éxito de Facebook e de Tuenti, o Concello quere unirse ás novas redes sociais tanto para facilitar toda a información da Casa da Xuventude como para recibir as suxerencias e propostas dos rapaces e rapazas da cidade. Deste xeito, os mozos que desexen participar nos espazos creados polo Concello na rede poderán agregarse enviando un e-mail a casadaxuventudeferrol@hotmail.com. Así mesmo, a Concellería de Xuventude habilitou tamén un blog (informacionxuvenilferrol@blogspot.com) que, amáis da información propia da Casa, contén a canle “Exprésate”, a través da cal os mozos e mozas poderán manter un diálogo fluído co Concello, trasladando as súas propostas e suxestións. Por último, Beatriz Sestayo avanzou que o departamento que dirixe creará nos próximos meses unha páxina web específica da Casa da Xuventude.
Máis polo miúdo, Beatriz Sestayo destacaba as ventaxas destes novos instrumentos de comunicación, que permitirán achegarse de xeito directo e eficaz á mocidade. Así, as páxinas da Casa da Xuventude en Facebook e Tuenti ofrecerán toda a información sobre as actividades, obradoiros, exposicións e prestacións das dependencias municipais e, ao mesmo tempo, recibirán as propostas, queixas e suxerencias da mocidade. Esa mesma filosofía sigue o Concello á hora de plantear a creación do blog da Casa da Xuventude. Un blog con información propia pero, e sobre todo, dos mozos e mozas. Para eles está pensado a canle “Exprésate”, para que remitan os seus traballos creativos, para que sumen as súas fotografías e trasladen os seus comentarios.
Doutra banda, a concelleira avanzou que nos próximos meses o Concello habilitará unha web específica para os mozos e mozas de Ferrol. Será posible grazas ao único proxecto aprobado pola Xunta para Xuventude no marco do Plan de Cooperación. Tras a concesión da axuda, se iniciará agora a selección do traballador que se encargará da súa elaboración, de tal maneira que poida comezar no mes de outubro.
En definitiva, o Concello recurre ás novas tecnoloxías para establecer novos mecanismos de participación e, nesta liña, Beatriz Sestayo anima a todos os mozos e mozas a agregarse ás novas vías de comunicación e consolidar o diálogo co Concello.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol