Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O alcalde de Palas de Rei trasládalle ao IGVS a prioridade das vivendas protexidas

O Alcalde do Concello de Palas de Rei, Fernando Pensado, reúnese o mércores 7 de outubro co persoal do Instituto Galego de Vivenda e Solo que se desplaza a esta localidade a fin de comprobar in situ o estado das Obras da Avda de Ourense. Asímesmo, tamén se aprobeitará o encontró para tratar a situación na que quedaron dous proxectos que o Concello Palense tiña pendentes do anterior Goberno bipartito da Xunta, ámbolos dous, en materia de Vivenda de Protección.

Compre lembrar que o Concello propuxera, por aquel entón, varias actuacións para a construcción e vivenda protexida, incluso se propuxeran terreos para acometer actuacións nesta materia que non foron atendidas no seu momento. O Alcalde de Palas, Fernando Pensado, considera prioritario dispor de vivenda protexida en Palas de Rei polo que o Concello estaría disposto a cesión de terreos ou outros inmobles para construir neles tanto vivenda en propiedade como en aluger. Compre resaltar que o Concello adquirirá no ano 2007 un inmoble na Adva de Compostela para acometer Obras de Vivenda Protexida pero neste caso a anterior Dirección Xeral de Patrimonio non lle dera o visto bon o proxecto.

O equipo de Goberno considera a construcción de Vivendas Protexidas como unha prioridade debido o importante número de persoas anotadas no rexistro de demandantes de Vivenda.


Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei