A reactivación económica e o gasto social determinan o investimento de 168,4 millóns de euros en Lugo
As medidas de reactivación económica e o gasto social foron as premisas básicas sobre as que a Xunta de Galicia articulou a asignación orzamentaria para a provincia de Lugo no ano 2010. Así o explicou a delegada territorial, Raquel Arias, durante a presentación das liñas básicas destes orzamentos, que suman un investimento global de máis de 168,4 millóns de euros.
A delegada afirmou que esta contía supón un incremento 26% respecto dos orzamentos asignados a Lugo o pasado ano, “o que se traduce en cifras totais en 36 millóns de euros máis para inversións reais”. Ou, o que é o mesmo, a inversión por habitante ascende “de 374 a 472 euros”.
Arias cualificou os orzamentos de “solidarios” e “claramente inversores”. Ao respecto, manifestou que a política de austeridade aplicada pola Xunta de Galicia “permitiu que un de cada cinco euros que antes se dedicaban a gasto corrente sexa agora destinado aos cidadáns, reorientado cara a investimentos produtivos como vía para lograr a recuperación económica”.
Nesta liña, incidiu en que os orzamentos recollen unha “discriminación positiva coa provincia de Lugo”. “Pódese dicir con rotundidade que, a pesar do escenario de crise no que nos movemos, os orzamentos da Xunta para a nosa provincia realizan unha clara aposta pola converxencia dentro de Galicia e pola vertebración interior, potenciando as infraestructuras en todo o territorio e especialmente nas zonas de montaña”.
A delegada subliñou a preocupación do goberno da Xunta por elaborar uns orzamentos “realistas e centrados en superar a crise económica”, enfocados a impulsar e avalar as iniciativas económicas dos cidadáns, reforzar os sectores económicos, aumentar a produtividade, fomentar o emprego e, en suma, atenuar as consecuencias da crise. “Todo elo –insistiu- sen desatender o gasto social, dando pulo ao mesmo tempo ás políticas de cohesión social”. Neste senso, Arias lembrou que “7 de cada 10 euros de gasto da Xunta é gasto social”.
A través do IGAPE distribuiranse en Lugo 35.292.900 euros en medidas de reactivación económica. Por outra banda, investiranse 34,3 millóns de euros no desenvolvemento de solo industrial, dos que case 20 corresponden ao polígono empresarial das Gándaras. Capítulo aparte merecerán as inversións que poidan estar asociadas ao plan Impulsa Lugo, que garante subvencións para os emprendedores lucenses que se incorporen a este programa.
No ámbito social, investiranse 15 millóns de euros na creación de 435 prazas en residencias de maiores, centros de día e centros de día para enfermos de alzheimer. Polo que respecta a área sanitaria, Lugo será a provincia galega co maior orzamento, en boa medida debido aos arredor de 25 millóns de euros que a consellería de Sanidade ten previsto investir no novo hospital de Lugo. Desta contía global, máis de 18 millóns servirán para o equipamento de cuartos, consultas e servizos, e aproximadamente 6 millóns para abordar a dotación tecnolóxica.
Pero non só o concello de Lugo se beneficiará do esforzo inversor realizado polo goberno galego. Na comarca da Mariña investiranse 21,8 millóns de euros. O orzamento consignado para o Hospital da Costa incrementa nun 58% o do pasado ano e supera o millón de euros. Igualmente, duplícase o investimento no Hospital de Monforte de Lemos, no que se prevén inversións por importe de 275.000 euros.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo