Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O concello de Palas de Rei desenvolverá cursos dirixidos á hostelería e ao sector servicios

O Concello de Palas de Rei dentro do interés do equipo de Goberno para preparar todas as infraestructuras e intentar ofrecer a mellor imaxe turística de Palas de Rei as múltiples persoas que pasarán por este termo municipal ó longo do 2010 con motivo do ano Santo.

Según nos informa o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo J. Taboada Camoira, o Concello desenvolverá cursos de Atención o Público, Xestión de establecementos Turísticos e idiomas dirixidos fundamentalmente a hostelería e o sector servicios. Con estas accións dende o Concello preténdese ofertar a posibilidade de que todas aquelas persoas relacionadas en mayor ou menor medida coa atención o peregrino (hosteleiros/as, dependientes,…) adquiran uns coñecementos básicos para afrontar nas mellores condicións o vindeiro ano Santo.

Dende o Concello Palense prevese habilitar unha oficina para que se poidan anotar todas as persoas que así o desexen durante o vindeiro mes de novembro. Os horarios dos cursos serán fora da xornada laboral e adaptados os profesionais da hostelería con un horario de traballo especial. Asimesmo, instalaránse Paneis informativos e un PINFO de información turística dentro do Plan de señalización turística da Ulloa executado pola Deputación Provincial que poida axudar ós pelegríns a ubicarse e ofertarlles as singulariedades de todo o Concello de Palas de Rei.

Noutro ámbito, segundo informa o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo J. Taboada, o Concello recibiu propostas de particulares para a creación de tres Albergues de promoción privada, dous deles no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago de Compostela e o outro no Camiño Primitivo o seu paso polo térmo municipal deste Concello.
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei