Raquel Arias destaca o carácter dinamizador da artesanía na economía local do sur da provincia
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou o importante papel que xoga a artesanía como elemento dinamizador da economía, especialmente en certos concellos da provincia, como a zona sur.
Arias asistiu ao acto de inauguración dun mural artístico que presidirá o Centro Multiusos de Monforte de Lemos e que foi realizado polos alumnos do obradoiro de talla e escultura Arte-san, financiado pola Consellería de Economía e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio.
A delegada gabou a beleza do mural –unha talla de 2 por 5 metros en madeira de castaño- e aplaudiu o traballo desenvolvido pola ducia de alumnos que participou na súa elaboración, á vez que agradeceu o traballo dos monitores responsables desta actividade formativa “que deu tan espléndido froito”.
A delegada animou aos participantes a continuar por este camiño e facer da artesanía a súa profesión, para “unir ao desenvolvemento artístico o desenvolvemento económico”. Neste senso, Arias explicou que “á rendibilidade artística da nosa artesanía -demostrada con obras como a que hoxe inauguramos- debe engadirse rendemento económico, porque a artesanía galega reúne as condicións para ser un sector puxante da nosa economía”.
Por último, Arias subliñou o importante esforzo que a Xunta, e en concreto a Dirección Xeral de Comercio, está a realizar na comarca de Lemos, “o que se manifesta en actuacións concretas, como as subvencións outorgadas ao Centro Comercial Urbano de Monforte para a promoción do comercio local, as axudas distribuídas ao abeiro do Plan Merca ou as axudas aos artesáns”.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo