O Consello Agrario Galego impulsa o Plan Estratéxico para o Sector Lácteo
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, presidiu a xuntanza do Consello Agrario Galego, órgano de participación, asesoramento, diálogo e consulta da Administración Galega en materia agraria e de desenvolvemento rural, no que están integrados, ademais dos responsables de diversos departamentos da Xunta, as organizacións agrarias máis representativas.
Nesta reunión revisouse e actualizouse o documento de traballo sobre o Plan Estratéxico para o sector lácteo. Este plan analiza en primeiro lugar a situación actual do sector, para propoñer despois unha serie de liñas de actuación, tanto a curto prazo (medidas de choque), como a medio e longo prazo (medidas estratéxicas). Todas elas medidas a desenvolver, unhas polo sector e outras coa colaboración da administración. A medio e longo prazo propóñense tres liñas básicas de actuación: mellora da competitividade das explotacións; mellora da competitividade da industria láctea, e regulación dos mercados. Destaca tamén a importancia da diferenciación dos produtos galegos.
Decreto de taxa láctea
Na reunión, que tivo lugar na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, o Consello Agrario Galego abordou tamén o proxecto polo que se modifica o decreto que regula en Galicia a aplicación do réxime da taxa láctea, que supón unha flexibilización importante dos sistemas de retención a conta no caso de sobrepasamento e nos axustes da materia graxa realmente producida en comparación coa constatada na cantidade de referencia de que dispón cada produtor. Este decreto, que reunifica e traspón a normativa estatal, é consecuencia da actual situación do réxime de taxa, derivado do non sobrepasamento en campañas pretéritas así como das recentes ampliacións de cota.
A orde do día desta sesión completouse, entre outras cuestións, co estudo doutro proxecto de decreto polo que se regulan os órganos competentes para a imposición de sancións en materia de agricultura, gandería e conservación da fauna silvestre nos Parques Zoolóxicos, así coma o procedemento aplicable para o exercicio da potestade sancionadora nesas materias e nas de desenvolvemento rural, industrias agrarias, montes e conservación da natureza.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia