O 112 Galicia rexistra 306 incidencias polo temporal

Por provincias, na Coruña, víronse afectados os concellos de Arteixo, A Coruña, Cambre, Coristanco, Miño, Padrón, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Ordes, Betanzos, Laracha, Ordes, Oleiros, Fisterra, Dumbría, Boimorto, Santiago de Compostela, Ames, Val do Dubra, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ortigueira, Zas, Oroso, Lousame, As Pontes de García Rodríguez, Trazo, Carballo, Santa Comba, Brión, Cerceda, Laxe, Cee, Cerceda, Bergondo, Ferrol, Culleredo, Porto do Son, Teo, Arzúa, Tordoia, Abegondo e Sada.
En Pontevedra, realizáronse intervención nos concellos de Pontecesures, Fornelos de Montes, Silleda, Nigrán, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Vigo, Pontevedra, Valga, Moaña, Tomiño, Agolada, Catoira, O Porriño, Vila de Cruces , Barro, Salceda de Caselas, Tui, Poio, Ponte Caldelas, Crecente, Lalín, A Guarda, Baiona, Vilanova de Arousa, Cambados, Marín, Castro Caldelas, Salvaterra de Miño, Caldas de Reis, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Mos e Vilagarcía de Arousa.
Na provincia de Lugo, destacaron os incidentes xestionados en O Vicedo, Mondoñedo, Palas de Rei, Monterroso, Ribeira de Piquín, Pol, Lugo, Abadín e A Pastoriza, Foz. Por último, en Ourense, Ribadavia e a propia capital foron os únicos concellos onde se rexistraron incidencias.
Dispositivos de emerxencias
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos da Comunidade, aos organismos provinciais, autonómicos e estatais, aos efectivos dos parques de bombeiros de toda Galicia e ás empresas que pola súa actividade poidan verse afectadas.
Igualmente, este departamento quere reiterar a importancia de adoptar as medidas de autoprotección, como evitar aproximarse a edificios en obras ou en estado ruinoso, xa que se poden desprender obxectos dende tellados, balcóns ou fiestras. Ademais, recoméndase, na medida do posible, limitar os desprazamentos e, no caso de realizárense, axeitar a velocidade ás condicións da vía, xa que se poden producir desprendementos de terra ou árbores. Por último, aconséllase informarse sobre o estado das estradas e consultar con frecuencia a páxina web do CAE 112 Galicia (www.112galicia.org), co fin de seguir a evolución dos fenómenos meteorolóxicos.
Incremento das medidas de seguridade
Por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, activáronse todas as medidas de alerta fronte aos posibles efectos do temporal nas infraestructuras da nosa comunidade. Así, no que se refire á rede viaria, todos os servizos provinciais de estradas contan con brigadas preparadas para solventar incidencias na rede viaria. Augas de Galicia tamén dispón dunha rede de alerta co obxecto de abordar ou previr posibles situacións de desbordamentos de concas ou encoros.
Igualmente, cómpre destacar que toda a flota de baixura permañece amarrada nos portos. A Xunta está en permanente contacto coa Torre de Control Marítimo da Coruña para informar da evolución do temporal e dos seus efectos nas condicións do mar, así como co Ministerio de Fomento, como órgano competente en materia de salvamento marítimo.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia