A Xunta iniciará un estudo sobre a accesibilidade da Muralla de Lugo

Tras recibir no seu despacho ao portavoz da asociación Auxilia-Lugo, Aquilino González, o conselleiro amosou a súa sensibilidade co colectivo e manifestou que para a Xunta de Galicia procurar a accesibilidade a este elemento patrimonial “é unha necesidade e, por iso, imos traballar nesa liña con rigor e co máximo respecto ao Patrimonio da Humanidade”.
Neste sentido, a Consellería de Cultura e Turismo analizará a vía de acceso máis axeitada entre as posibilidades coas que xa están a traballar os técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia