Traballo da o primeiro paso para a constitución da Mesa do Autónomo
A Consellería de Traballo e Benestar deu o primeiro paso de cara á constitución da mesa do autónomo grazas á convocatoria dunha reunión entre os representantes da Administración autonómica e das diferentes entidades asociativas deste colectivo.
Nesta xuntanza, aberta pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participaron o director xeral de Promoción de Emprego, Andrés Hermida, a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz e o director de área de emprendedores de BIC GALICIA, Enrique Vila, xunto cos representantes de APE-Galicia, ATA-Galicia, CEAT Galicia, FEAGA, OAP Galicia, UPTA-Galicia, ASNEPA e CAYPE.
Esta reunión ten como obxectivo constituír unha mesa de debate sobre o traballador autónomo, na que se abordarán distintos temas relacionados con este colectivo como son a Lei 20/2007 de desenvolvemento do Estatuto do Traballo Autónomo e a creación do Consello Galego de autónomos.
En concreto, un dos asuntos principais tratados dentro deste órgano foi o desenvolvemento do Estatuto para este colectivo, tanto a nivel estatal como galego. De feito, no ámbito da comunidade autónoma, púxose enriba da mesa tanto o cronograma da Lei como o decreto polo que se crea o rexistro de asociacións profesionais de traballadores autónomos, xá publicado no DOG. Este rexistro é a primeira norma que se pon en marcha en Galicia dentro do Estatuto do autónomo, e que precisará dunha orde para ser desenvolvida.
Ademais, e co fin de crear posteriormente o Consello Galego do Traballo Autónomo, debaterase o proxecto de orde que determine os criterios de representatividade destas asociacións. Esta norma é fundamental para determinar cales son as de maior representación, que logo formarán parte do citado Consello. Este crearase a continuación, a través dun decreto. Será un órgano de carácter consultivo, que servirá como o foro máis axeitado para debater sobre o traballador autónomo en Galicia.
Neste sentido, diferentes asociacións de autónomos achegarán as súas propostas de criterios para a acreditación da representatividade (afiliados, implantación, notoriedade, persoal, sedes ...), así como a proposta de composición do Consello Galego do Traballo Autónomo nun prazo de quince días para poder continuar as xuntanzas antes de rematar o ano 2009.
Por outra banda, a Consellería de Traballo tamén presentou, por primeira vez en Galicia, as liñas básicas de axudas para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos. Esta iniciativa, ao igual que o resto dos esforzos dirixidos a este sector, responden ao compromiso da Xunta de apoiar a estes traballadores e ás asociacións que os representan.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia